escultor, arquitecto e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Franco Montes (en realidade José Franco Domonte[Cómpre referencia]), nado en Vigo o 22 de xaneiro de 1879 e finado ibídem o 31 de xullo de 1939,[1] foi un escultor, arquitecto e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xaneiro de 1879 Vigo, España |
Morte | 31 de xullo de 1939 (60 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, político |
Fillo de Manuel Franco Franco (concelleiro de Vigo) e Matilde Domonte,[1] fixo os seus primeiros estudos e bacharelato no colexio dos xesuítas de Camposancos, A Guarda. Estudou na Escola de Arquitectura de Madrid[1] titulándose o 21 de agosto de 1903. Casou con Emérita Fernán-Díez na igrexa de Santiago de Vigo en 1915. Só tiveron unha filla, Matilde Franco Fernán-Díez, que casou co marqués da Sala de Partinico, Manuel Santiago Thomás de Carranza e de Luque-Romero.
En 1905 é nomeado arquitecto municipal de Vigo e en 1906 vicepresidente da Asociación de Arquitectos de Galicia. En 1908 funda a Cámara da Propiedade Urbana de Vigo. En 1909 é elixido secretario do Partido Liberal de Vigo e con 30 anos convértese en concelleiro do Concello de Vigo. Foi tamén deputado provincial e concelleiro honorífico da Coruña. En 1916 é nomeado arquitecto diocesano de Tui. Queda viúvo o 10 de xuño de 1936. Foi nomeado tenente de alcalde de Vigo en 1938, ostentando o cargo de alcalde en funcións de Vigo. Foi nomeado presidente do Padroado local de Formación Profesional de Vigo no mesmo ano.[2]
Arquitecto da Real Academia de San Fernando, profesor de Máquinas da Escola de Artes e Industrias de Vigo,[3] arquitecto municipal de Vigo e arquitecto diocesano de Tui. Foi vicepresidente e fundador da Asociación de Arquitectos de Galicia (actual Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), fundador da Cámara da Propiedade Urbana de Vigo, secretario do Partido Liberal, concelleiro, a partir de 1910, do concello de Vigo polo Partido Liberal, tenente de alcalde do Concello de Vigo e alcalde en funcións, apartado da vida política coa chegada da II República e nomeado deputado provincial en xullo de 1939 polo goberno de Francisco Franco.[1] Tamén foi escultor.[4] O Concello de Vigo dedicoulle o nome dunha rúa no lugar de Lavadores.
A súa obra, de estilo modernista, desenvólvese dende 1904 até o final da súa vida. Entre os seus proxectos salientan:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.