Xogos Olímpicos de 1996
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os XXIII Xogos Olímpicos de Atlanta, correspondente á XXVI Olimpíada, marcaron o centenario dos Xogos Olímpicos da Era Moderna e foron abertos polo Presidente dos Estados Unidos de América Bill Clinton. Fixéronse entre o 19 de xullo e o 4 de agosto de 1996, coa presenza de todos os 196 estados afiliados ao Comité Olímpico Internacional, cun total de 10.318 atletas, sendo 3.512 deles, mulleres, competindo en 26 deportes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2014.) |
Nome oficial | Spiller vun der XXVI. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Mascota | Izzy (pt) |
Parte de | Xogos Olímpicos de Verán |
Composto por | Badminton nos Jogos Olímpicos de Verão de 1996 Ciclismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1996 Nado sincronizado nos Jogos Olímpicos de Verão de 1996 + ../... 31 |
Número de participantes | 197 10.318 |
Participantes | |
Olga Šplíchalová (en) , Li Aiyue (en) , Leng Chunhui (en) , Nauru nos Jogos Olímpicos de Verão de 1996 (pt) , Homare Sawa (pt) e Formiga (pt) | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 271 |
Localización | Atlanta (Condado de Fulton) Centennial Olympic Stadium (pt) (Atlanta) |
País | Estados Unidos de América |
Intervalo de tempo | 20 de xullo de 1996 – 5 de agosto de 1996 |
Número de edición | 26 (1996) |
Aberto oficialmente por | William Jefferson Clinton |
Xuramento feito por | Teresa Edwards (pt) Hobie Billingsley (pt) |
Facho acendido por | Muhammad Ali |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
A comunidade olímpica internacional pensaba que era dereito de Atenas,[Cómpre referencia] unha das cidades candidatas e berce dos Xogos tanto na antigüidade como na era moderna, a de hospedar os Xogos da centenaria data; entre tanto, os delegados do COI, no Congreso de 1990 en Toquio, elixiron Atlanta como sede para 1996, con 51 votos contra 35 para Atenas.
A escolla provocou protestas, acreditándose[Cómpre referencia] que os executivos do Comité Organizador de Atlanta empregaran o poder financeiro da cidade – sede mundial da Coca Cola, principal patrocinador do evento – para premer aos membros da entidade a concederlles a honra de acoller os Xogos, en detrimento da cidade que representaba o espírito olímpico, Atenas.
Acusacións de suborno aos membros do COI foron inclusive citadas, sen probas.[Cómpre referencia] O Comité Olímpico xustificou a súa escolla polo feito de pensar que Grecia non tería condicións de organizar os Xogos en prazo tan curto, por falta de infraestruturas. De todos xeitos, ficou na comunidade atlética e na opinión pública internacional a impresión de seren realizados polo peso do poder financeiro e super comercializados.[Cómpre referencia]
Alén diso, os Xogos de Atlanta, que se agardaba que serían perfectos, polos grandes recursos investidos na súa organización, presentaron varios contratempos, como un inesperado problema nos transportes, con engarrafamentos monstruosos pola cidade no período dos Xogos, dificultando a locomoción entre os locais de competición e o máis grave deles, un atentado cometido coa explosión dunha bomba no Centennial Olympic Park, que causou a morte dunha persoa e feridas a outras 111.
No seu discurso de clausura, o Presidente do COI, Juan Antonio Samaranch, referiuse aos Xogos recentemente terminados cun “Bo traballo, Atlanta” ao invés do tradicional “Estes foron os mellores de todos os Xogos Olímpicos”, usados ao final da maioría dos Xogos anteriores.
Xogos Olímpicos de 1996 | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
96º Sesión do Comité Olímpico Internacional 18 de setembro de 1990, Toquio, Xapón | |||||||
Cidade | País | 1ªrolda | 2ªrolda | 3ªrolda | 4ªrolda | 5ªrolda | |
Atlanta | Estados Unidos | 19 | 20 | 26 | 34 | 51 | |
Atenas | Grecia | 23 | 23 | 26 | 30 | 35 | |
Toronto | Canadá | 14 | 17 | 18 | 22 | - | |
Melbourne | Australia | 11 | 21 | 16 | - | - | |
Manchester | Reino Unido | 11 | 5 | - | - | - | |
Belgrado | Iugoslavia | 7 | - | - | - | - |
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.