filme de 1973 dirixido por Michael Crichton From Wikipedia, the free encyclopedia
Westworld é un filme estadounidense de ciencia ficción escrito e dirixido por Michael Crichton, o cal se estreou en 1973.
Westworld | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Westworld |
Director | Michael Crichton |
Produtor | Paul N. Lazarus III |
Guión | Michael Crichton |
Intérpretes |
|
Música | Fred Karlin |
Fotografía | Gene Polito |
Montaxe | David Bretherton |
Estudio | Metro-Goldwyn-Mayer |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 17 de agosto de 1973 |
Duración | 88 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Wéstern e ciencia ficción |
Orzamento | 1,2 millóns de dólares[1] |
Recadación | 10 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
O filme tivo unha secuela, Mundo futuro (estreada en galego o 21 de setembro de 1995 a través da TVG)[3] e unha miniserie de televisión Beyond Westworld. En 2016, HBO estreou unha serie de televisión homónima baseada na trama do filme orixinal.
En 1983, o parque de atraccións de Delos permite aos seus visitantes atoparse na época da súa elección (romana, medieval ou a conquista do occidente dos EEUU (The Westworld, 1880),[4] no medio de robots case humanos.
A historia segue a dous homes de negocios, interpretados por Richard Benjamin e James Brolin, que optaron por pasar uns días no vello Far West. Ademais, tamén se ilustran as aventuras dun terceiro fan do western, interpretado por Dick Van Patten, e dun home maior que optou pola Idade Media. A pesar de todas as precaucións e medidas de seguridade adoptadas neste parque de atraccións hiperrealista, a súa estadía non será exactamente a esperada; pouco a pouco, o centro de control perde toda a potencia sobre as máquinas.[5]
Westworld filmouse en só trinta días utilizando cámaras Panavision equipadas con lentes anamórficas creadas polo fotógrafo Gene Polito. A rodaxe tivo lugar no deserto de Mojave, no suroeste de California, na antiga propiedade de Harold Lloyd en Greenacres en Benedict Canyon, ao oeste de Beverly Hills, nos Ánxeles, así como en varios estudos de Metro-Goldwyn-Mayer e nos estudos de Burbank.[6]
A posprodución levou de doce a trece semanas, cinco semanas para o "corte do director".[6]
A partitura da película nun disco de 33 rpm está integramente composta polo compositor Fred Karlin. Mestura de música occidental e electrónica,[7] usando un piano preparado, compás infrecuente, disonancia e todos os instrumentos de percusión a miúdo en polirritmo que ten o efecto de caos mecánico.[8]
Westworld foi a primeira película en utilizar o procesamento dixital de imaxes. As imaxes xeradas por ordenador foron feitas por Information International, Inc. (Triple-I). A escena en cuestión é un plano longo de 2 minutos destinado a simular o punto de vista electrónico do personaxe de Brynner, o robot asasino.[9]
Crichton explica que quixo dar un toque distintivo á visión do androide cando o espectador está no seu punto de vista e inspirado na película de Stanley Kubrick, 2001: Unha odisea do espazo, concretamente a escena que se atopa dende o punto de vista de HAL 9000. Pero Crichton non quería só usar un lente gran angular, como fixera Kubrick cinco anos antes, senón mostrar a perspectiva do seu vilán como a máquina electrónica que debía ser.
Despois de contactar co Laboratorio de Propulsión a Chorro, o procesamento dixital parecía imposible debido ao seu alto custo, 200.000 dólares por 2 minutos de imaxes fronte ao orzamento de 1,25 millóns, e unha gran cantidade de tempo, aproximadamente 9 meses. A oportunidade xurdiu cando Crichton, xunto con John Whitney Jr., contactaron con Information International, Inc. co fin de acceder aos laboratorios en horario nocturno para completar a animación de xeito moito máis rápido e económico.[10]
Whitney propuxo o uso dun efecto sinxelo, que acabaría aparecendo na película, que consistía en dividir cada imaxe en pequenos cadrados e calcular a cor media en cada zona. Isto fixo que a toma de alta calidade aparecese pixelada. O procesamento levou unhas 8 horas por cada 10 segundos de secuencia, xa que cada unha das tres cores primarias máis unha capa de branco e negro tiveron que ser separadas.
Despois de 2 meses de traballo no procesado dixital a secuencia estaba lista, quedando só dúas semanas para a estrea da película.
Na secuela de Richard T. Heffron Futureworld, as imaxes tridimensionais foron utilizadas por primeira vez no cine.
A película estivo en competición no Festival Internacional de Cine Fantasía de Avoriaz de 1974.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.