Disonancia
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A disonancia é a calidade de tensión inherente nun intervalo ou acorde que, nun contexto tonal ou modal tradicional, involucra un choque entre dúas ou máis notas, e que nalgúns contextos harmónicos pode esperarse unha determinada resolución. O concepto oposto ao de disonancia é, pois, o de consonancia.
Usualmente considéranse como disonancias os intervalos de segunda menor, segunda maior, sétima menor e sétima maior e todos os intervalos aumentados e diminuídos. Isto inclúe o trítono —aceptado actualmente tanto como cuarta aumentada como quinta diminuída— no extremo da táboa, aínda que sempre se considerou unha disonancia moi particular. Tamén se consideran disonantes os intervalos compostos que derivan deles e os intervalos aumentados e diminuídos que resultan de intervalos consoantes enharmónicos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.