parroquia civil do concello de Bóveda From Wikipedia, the free encyclopedia
San Bartolomeu de Vilarbuxán é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Segundo o padrón municipal en 2008 tiña 25 habitantes (14 mulleres e 11 homes), catro máis ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación, Vilarbuxán.
Vilarbuxán | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Bóveda[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°40′40″N 7°30′15″O |
Poboación | 16 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita coas parroquias de Castro de Rei de Lemos e A Cervela ao norte, Covela e San Fiz de Rubián ao leste, Rubián ao sur e Remesar ao oeste.
Nun documento da Catedral de Lugo, datado en 1202, lese Villarbugia. Eclesiasticamente, a parroquia creouse en 1891, con terreos de San Fiz de Rubián, Remesar e Castro de Rei de Lemos.[2]
A igrexa de San Bartolomeu de Vilarbuxán, reedificada a finais do século XIX, ten planta rectangular con muros de cachotería. A cuberta é de madeira e lousa a dúas augas. Ardeu na guerra civil, sendo reconstruída no ano 1941.
Lugares da parroquia de Vilarbuxán no concello de Bóveda (provincia de Lugo) | |
---|---|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.