Bóveda, Bóveda

parroquia civil do concello de Bóveda From Wikipedia, the free encyclopedia

Bóveda, Bóvedamap

San Martiño de Bóveda é unha parroquia do concello de Bóveda, formada por un único lugar co mesmo nome. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 352 habitantes (181 homes e 171 mulleres), concentrados na única entidade do mesmo nome, Bóveda, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Bóveda
Thumb
Casa do concello.
ConcelloBóveda[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°37′23″N 7°29′07″O
Poboación394 hab. (2017)
Entidades de poboación1[1]
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Limita coas parroquias de Teilán, Rubián e Tuimil ao norte, Ver ao sur, Guntín ao leste, e Martín ao oeste.

Este lugar é onde se atopa a capital do concello.[2]

Patrimonio

  • A igrexa parroquial de Bóveda foi construída no segundo terzo do século XX. Ten planta rectangular con tellado de lousa a dúas augas. A igrexa orixinal atopábase o pé do cemiterio, a carón do Pazo de Bóveda, pero derrubouse e os seus materiais aproveitáronse para ampliar o mesmo, reutilizándose para a igrexa actual a espadana e outros elementos graníticos.
  • Pazo de Bóveda. Edificio de planta rectangular do ano 1769, e a Casa de Fernández, que conserva na súa fachada un escudo de granito pertencente a un antigo Pazo dos Marqueses de Vilaverde de Limia.
  • Muíño de Xil.
  • Capela de San Xil. O 1 de setembro celébranse as festas na honra do santo.

Notas

Lugares e parroquias

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.