Santiago de Ribas Pequenas é unha parroquia de Bóveda na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 127 habitantes (73 homes e 54 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación: A Áspera, Chorente, A Eirexa, A Gándara, O Souto e A Veiga, o que supón unha pequena diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 129 habitantes e ao ano 1991 cando tiña 144 habitantes.
Ribas Pequenas | |
---|---|
Pasadoiro sobre o río Mao | |
Concello | Bóveda[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°35′59″N 7°28′20″O |
Poboación | 107 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita coas parroquias de Ver e Mosteiro ao norte, Piño ao leste, A Parte e Valverde ao sur, e Vilalpape ao oeste.
Patrimonio
- A igrexa parroquial, foi reconstruída no século XVII. Edificio de planta rectangular con muros de cachotería de lousa e cuberta, de madeira e lousa a dúas augas. No seu interior distribúense dúas naves, comunicadas por dous arcos de medio punto.
- Casa do Coronel. Situada no lugar de Souto; edificio con planta de U, ó redor dun patio pechado, con muros de cachotería en lousa e cuberta, a catro augas, en madeira e lousa. Na súa fachada hai un escudo, de aparencia recente, coas armas dos Somoza.
- O Refuxio da Coruxa, situado na Veiga, trátase dun edificio de planta en L, estruturado ó redor dun patio pechado.
- Muíño de Maseda, actualmente en funcionamento. Muíño movido pola corrente de auga procedente do río Mao.
Festividades
As festas da parroquia celébranse o 7 de setembro na honra da Virxe dos Remedios.
Lugares e parroquias
Lugares de Ribas Pequenas
Lugares da parroquia de Ribas Pequenas no concello de Bóveda (provincia de Lugo) | |
---|---|
A Áspera | Chorente | A Eirexa | A Gándara | O Souto | A Veiga |
Parroquias de Bóveda
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.