Vilar de Santos
concello da comarca da Limia, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca da Limia, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
Vilar de Santos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2017 tiña 850 habitantes (1.001 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilasantés».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Vilar de Santos | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 792 (2023) (38,26 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 20,7 km² | ||||
Altitude | 632 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Antonio Míguez Nogueiras | ||||
Eleccións municipais en Vilar de Santos | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32090 | ||||
Páxina web | vilardesantos.gal | ||||
Censo total | 850 (2017) |
---|---|
Menores de 15 anos | 64 (7.53 %) |
Entre 15 e 64 anos | 459 (54 %) |
Maiores de 65 anos | 327 (38.47 %) |
Evolución da poboación de Vilar de Santos Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
1514 | 1592 | 1792 | 1967 | 1004 | 991 | 942 | 922 | 923 | 922 | |||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
No territorio do concello consérvanse restos prehistóricos como mámoas e castros en Laioso, Mosqueiro, Vilar de Santos e Saa. Da pegada desa época consérvanse topónimos como Pedra da Anta, o Penedo da Moura ou A Cidá[1]. A arracada de Vilar de Santos, conservada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, é unha peza de ourivaría de ouro decorada con varios patos. Foi descuberta en 1924 por Benito Saburido en Albariño. Pasou a mans do cura párroco de Vilar de Santos, Marcelino Feiria, quen a vendeu ao Museo en 1979.[2] A zona estivo habitada pola tribo dos Límicos até a romanización de Galicia. Pola parte sur do concello cruzaba a Vía Nova do itinerario de Antonino, que unía Braga con Astorga. En Parada de Outeiro había unha vila romana.
Tanto a igrexa parroquial de Vilar de Santos como a de Parada de Outeiro conservan arquitectura románica. Durante o Antigo Réxime o territorio dependía da xurisdición de Sandiás. Vilar de Santos, Saá e As Casas da Veiga pertencían á Encomenda da Orde de Santiago, Parada ao señorío do Marqués de Malpica e Laioso ao señorío de Ozores e Soutomaior. En 1836, trala división territorial de España en 1833, constituíuse o concello de Vilar de Santos.
En 1992 inaugurouse o Museo Comarcal da Limia[3], na vella casa reitoral de Vilar de Santos. En 1998 creouse o Parque empresarial de Santa Marta, e tamén nesa época iniciouse a recuperación da aldea de Saa para o seu aproveitamento turístico. En 2005 Vilar de Santos foi recoñecido pola UNESCO como Reserva da biosfera Área de Allariz xunto cos concellos de Allariz, Rairiz de Veiga e A Bola[4].
O concello está atravesado pola estrada OU-531 entre Xinzo de Limia e Celanova, parte da antiga C-531.
Desde o ano 2007 o alcalde é Xoán Xardón.
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilar de Santos | |
---|---|
Parada de Outeiro (Santa María) | Vilar de Santos (San Xoán) |
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilar de Santos vexa: Lugares de Vilar de Santos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.