Valpaços
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Valpaços é unha cidade portuguesa do distrito de Vila Real, rexión Norte, subrexión do Alto Tras os Montes, comunidade intermunicipal do Alto Tâmega, e da antiga provincia de Tras os Montes e Alto Douro, que contaba con 4 539 habitantes segundo o censo de 2011.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Vila Real | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.882 (2011) (30,75 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 549 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Santa María | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 5430 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 278 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | valpacos.pt |
É sede dun municipio que abarca 548,74 km² de superficie,[2] e cunha poboación de 16 882 habitantes en 2012.[1] subdividido en 25 freguesías.[3]
O municipio limita ao noroeste con Chaves, ao leste por Vinhais e Mirandela, ao sur por Murça e ao oeste con Vila Pouca de Aguiar.
Foi creado en 1836 por desmembramento do municipio de Chaves.
Evolución da poboación (1864-2011) [4] | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
23 591 | 25 571 | 24 486 | 25 179 | 25 297 | 23 912 | 26 050 | 29 395 | 33 599 | 33 984 | 27 350 | 26 066 | 22 586 | 19 512 | 16 882 |
Número de habitantes por idades (1900-2011) [5] | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 | |
0-14 anos | 8 767 | 9 167 | 8 357 | 9 373 | 11 148 | 11 912 | 12 201 | 9 190 | 7 297 | 4 523 | 2 654 | 1 716 |
15-24 anos | 4 783 | 4 216 | 4 233 | 4 530 | 4 918 | 6 437 | 5 759 | 4 635 | 4 559 | 3 633 | 2 504 | 1 576 |
25-64 anos | 10 375 | 10 309 | 9 687 | 10 391 | 11 412 | 13 204 | 13 842 | 11 015 | 11 005 | 10 550 | 9 507 | 8 214 |
> 65 anos | 1 078 | 1 436 | 1 374 | 1 606 | 1 782 | 1 913 | 2 182 | 2 510 | 3 205 | 3 880 | 4 847 | 5 376 |
Desde a reorganización administrativa de 2012/2013,[3] o concello de Valpaços está dividido nas seguintes 25 freguesías:
A actual cidade de Valpaços remóntase ao primeiro período da nacionalidade (séculos XII-XIII).
Os primeiros documentos escritos que citan a Valpaços datan do século XII. O topónimo ten orixe anterior. A freguesía comezaría por ser un pequeno reduto habitado por nobres e familias señoriais, atraídas por un conxunto de privilexios tendentes a poboar aquela rexión, tan próxima ao Reino de León e Castela.
Antigamente, "Vale de Paço" (e despois "Vale de Paços" até o século XIX) teñen raíces talvez mesmo na prenacionalidade, o que non é de estrañar nun territorio como o deste concello en que a arqueoloxía é notábel desde a época do Imperio romano, e a toponimia, especialmente a antroponímica de filiación xermánica, tan exuberante, constitúe o mellor documento do poboamento prenacional do territorio.
O acontecemento máis importante da historia de Valpaços deuse seguramente a mediados do século XIX.
O 16 de novembro de 1846, durante a Guerra da Patuleia, enfrontáronse en Valpaços as tropas rivais ("cartistas" e "setembristas"). O movemento, que comezara de forma espontánea e que nun principio tiña características eminentemente populares, pasou nese momento a tomar implicacións políticas. Cerca de dúas decenas de mortos marcaron o paso por Valpaços dunha batalla, que despois proseguiu por terras de Murça.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.