Valentina Monetta
cantante sanmariñesa From Wikipedia, the free encyclopedia
cantante sanmariñesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Valentina Monetta, nada na Cidade de San Marino o 1 de marzo do 1975, é unha cantante de pop sanmarinesa.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1975 (49 anos) Cidade de San Marino |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | San Marino |
Actividade | |
Ocupación | cantante , música |
Período de actividade | 1995 - |
Xénero artístico | Música pop e Jazz |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz e piano |
Participou en | |
maio de 2017 | Festival de Eurovisión 2017 (42ª) |
maio de 2014 | Festival de Eurovisión 2014 |
2013 | Festival de Eurovisión 2013 |
22 de maio de 2012 | Festival de Eurovisión 2012 |
En 2008, Monetta enviou a canción "Se non ci sei tu" para participar na selección nacional para representar a San Marino no Festival de Eurovisión 2008, pero non foi seleccionada por SMtv.
O 14 de marzo de 2012, a televisión sanmarinesa SMtv anunciou que Monetta sería a representante do seu país no Festival de Eurovisión 2012 en Bakú, Acerbaixán coa canción "Facebook Uh, Oh, Oh" tras ser elixida internamente.[1] Non obstante, o 18 de marzo, uns días despois de ser anunciada a canción, a UER considerou que a canción seleccionada contiña unha mensaxe comercial da rede social Facebook, o que deu lugar á descualificación da letra e cambiouse a "The Social Network Song (OH OH - Uh - OH OH)".
Monetta participou na primeira semifinal do Festival de Eurovisión 2012 celebrado o 22 de maio de 2012, e clasificouse en 14º lugar con 31 puntos, polo que non logrou acceder á gran final do certame. Ao ano seguinte foi elixida de novo por SMtv para representar o país no Festival de Eurovisión 2013 celebrado na cidade de Malmö, Suecia; coa canción en italiano "Crisalide (Vola)" composta por Ralph Siegel[2], obtendo finalmente o posto 11, a tan só 16 puntos de pasar á final.
O 20 de xuño de 2013 asinou un pre-acordo coa televisión pública de San Marnño (SMtv) para volver representar ao país no Festival de Eurovisión 2014, aínda que cabe destacar que non se trata dun acordo definitivo.[3]
Título | Detalles do Álbum |
---|---|
Il mio gioco preferito |
|
La storia di Valentina Monetta |
|
Ano | Título | Álbum |
---|---|---|
2002 | Sharp | -- |
2008 | Se Non Ci Sei Tu | |
2011 | Una Giornata Bellissima | La Storia di Valentina Monetta |
2012 | I'll Follow the Sunshine | |
The Social Network Song | ||
2013 | Crisalide | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.