Val de Arán
entidade territorial catalá From Wikipedia, the free encyclopedia
entidade territorial catalá From Wikipedia, the free encyclopedia
O Val de Arán[1] (en aranés e oficialmente: Val d'Aran, en catalán: Vall d'Aran), ou simplemente Arán, é un val localizado no noroeste de Cataluña. Administrativamente é unha entidade territorial singular, considerada realidade nacional occitana, que ata 2015 foi unha comarca. A súa capital é Vielha e ten goberno autónomo, o Consello Xeral de Arán, en virtude da Lei 16/1990 sobre o réxime especial do Val de Arán, actualizada coa nova lei 1/2015.[2]
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Val d'Aran (oc) Vall d'Aran (ca) Valle de Arán (es) | |||||
Himno | Montanhes araneses | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | Provincia de Lleida | ||||
Capital | Vielha | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.175 (2020) (16,06 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua occitana lingua catalá lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 633,6 km² | ||||
Bañado por | Río Garona | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
• Síndico | Maria Vergés Pérez (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Consello Xeral de Arán Circunscrición: 6, (Escano: 13) | ||||
PIB nominal | 316.100.000 € (2014) | ||||
PIB per cápita | 32.100 € (2014) | ||||
Código territorial IDESCAT | 39 | ||||
Limita ao norte co departamento francés da Alta Garona, ao suroeste coa provincia aragonesa de Huesca, ao sur coa comarca catalá da Alta Ribagorça e ao leste coa do Pallars Sobirà. Conta cunha poboación de 10.295 habitantes (2009).
Ten a súa lingua propia, o aranés, unha variedade occitana do grupo gascón, que é a lingua oficial xunto co catalán e o castelán. A súa festa nacional é o 17 de xuño.
A comarca toma o nome do val no que se atopa. A teoría máis difundida estabelece que Val d'Aran é, na realidade, un pleonasmo, xa que significaría "Val do Val"[3] (Arán procede do antigo éuscaro haran, que tamén significa val). En aranés, a denominación Val d'Aran a miúdo aparece escrita como era Val d'Aran usando o artigo feminino como parte do nome. En catalán, denominaríase la Vall d'Aran e en castelán el Valle de Arán.
Arán é un val pirenaico que pertence en gran parte á conca fluvial do océano Atlántico: o río Garona nace no val e atravésao para ir desembocar no Atlántico despois de atravesar toda a Gascuña. Tamén ten unha pequena parte de bacía mediterránea, xa que o río Noguera Pallaresa nace a un centenar de metros do Garona, pero inicia o seu curso en dirección contraria. O 30% do territorio está por riba dos 2.000 metros de altitude.
Caracterízase polo clima oceánico, debido á súa orientación, moi distinta á doutros vales da área. A precipitación media anual é elevada, arredor dos 900 mm, repartida de forma moi regular durante todo o ano. Debido á súa situación e altitude, as temperaturas durante o inverno son frías, con mínimas medias por debaixo dos 0 °C no fondo do val e máis extremas nos cumios. Os veráns son suaves, con temperaturas medias de 17 °C no val e 14 °C na montaña. O período libre de xeadas esténdese entre xuño e agosto.[4]
O Val de Arán está tamén divido en 6 terçons, que forman a división tradicional do val e son as circunscricións electorais do Consello Xeral:
Tradicionalmente, a economía do val baseouse na gandaría e na explotación forestal.
Porén, na actualidade o turismo (tanto no inverno como no verán) é o motor da economía do val. Dous elementos por riba doutros favoreceron o turismo: a apertura do túnel de Vielha e a estación de esquí de Baqueira Beret. A mestura dos dous acontecementos fixo que unha comarca de antiga tradición pastoril se convertera nun importante foco de turismo e unha das rexións coa maior renda per cápita da Cataluña.
Poboado desde a prehistoria como o resto de vales pirenaicos, o Val foi incorporado ao Imperio Romano. Non resulta claro cando, pero parece que cando Xulio César comeza a conquista da Galia, o alto val do Garona pertence xa ao imperio. A romanización penetraría a través dunha vía romana que, procedente de Tolosa, atravesaba o val e pasaba ao Pallars a través do porto da Bonaigua. A importancia da romanización próbana topónimos como Vielha e a presenza de lápidas e ronseis funerarios. Coa caída do imperio, os vales quedaron abandonados á súa sorte e sucédense uns séculos sen ningunha referencia ao Val.
As primeiras referencias concretas ao Val de Arán aparecen no século X no que o val aparece formando parte do Condado de Cominges (Comminges), que domina o alto Garona. En 1175, o val pasa a formar parte da Coroa de Aragón mediante o Tratado de Amparanza (ou Emperanza) asinado co rei Afonso I. No ano 1192 hai referencias da construción do Hospital de Vielha para lles dar acubillo aos viaxeiros.
O val muda de señor varias veces durante os séculos XII e XIII, sendo sucesivamente invadido polos franceses e recuperado pola Coroa de Aragón. En 1298, grazas ao convenio de Argelers, determinouse que o Val de Arán ficaría provisionalmente baixo a administración do Reino de Mallorca mentres as partes en conflito non chegasen a un acordo. Finalmente, en 1313 os araneses decidiron por votación popular a permanencia na Coroa de Aragón ao mesmo tempo que Xaime II lle outorgou ao Val de Arán o conxunto de privilexios denominado Era Querimònia, verdadeira carta magna de Arán, ratificada por todos os reis até Fernando VII.
En 1411, o Síndico de Arán ofreceu a unión libre e pactada de Arán cos condados cataláns, a cal foi aceptada polas cortes de Cataluña.
O Val de Arán foi asolado durante a Guerra dos Segadores (1645), ao se manter fiel ao rei Filipe IV. Máis tarde, móstrase partidario de Filipe de Anjou durante a Guerra de Sucesión Española, polo que o Decreto de Nova Planta de 1716, que suprimiu as institucións políticas dos reinos da Coroa de Aragón, non afectou ao réxime político-administrativo do Val de Arán, de forma que este non foi incorporado a ningún dos novos correxementos en que se dividiu Cataluña. Filipe V mesmo dispensa o Val do uso do papel selado.
Parte da invasión napoleónica de España prodúcese polo porto de Vielha (1810) e Napoleón incorpora o Val ao departamento francés da Alta Garona. Tras a caída de Napoleón, o Val é devolto á coroa española en 1815. En 1833, durante a rexencia de María Cristina de Borbón, e en plena Primeira Guerra Carlista, suprímense as institucións tradicionais aranesas e inclúese o Val de Arán no novo réxime administrativo xeral de España, incluíndoo na recentemente creada provincia de Lleida.
O século XX mostra tres feitos significativos para o Val de Arán:
Usos lingüísticos no Val de Arán[5] | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Castelán | Aranés | Catalán | Outros | ||||
Lingua materna | 37,3% | 22,4% | 14,6% | 7,6% | |||
No fogar (de forma exclusiva) | 35,3% | 25,8% | 13,0% | s/d | |||
No fogar (con outras linguas) | 50,7% | 40,3% | 24,6% | 3,8% | |||
No traballo (de forma exclusiva) | 30,8% | 9,2% | 7,9% | s/d | |||
No traballo (con outras linguas) | 63,1% | 34,6% | 43,9% | 1,8% | |||
O Val de Arán é o único lugar onde unha variedade do occitano (o aranés), falado tamén no sur de Francia, é lingua oficial. O aranés é cooficial xunto co catalán e o castelán en toda a comunidade autónoma de Cataluña segundo o seu Estatuto de Autonomía, aínda que só é falado neste val. Até 2006 o aranés era oficial unicamente no Val de Arán.
Como lingua materna o castelán é a lingua que progresivamente gañou terreo nos últimos anos. De 2001[5] a 2008[6] o castelán pasou de ser a lingua materna do 38,8% a ser a do 37,3%, mentres que o catalán retrocedeu do 19,4% ao 14,6% e o aranés do 34,2% ao 22,4%.
O castelán é tamén a lingua máis falada pola poboación local no fogar e no traballo, aínda que unha porcentaxe importante utiliza o aranés e, en menor medida, o catalán.
As vertentes das montañas, entre os 1000 e os 2000 metros, están cubertas de bosques. Nas zonas de menor altitude crecen piñeiros silvestres e faias, os cales dan paso aos abetos e aos piñeiros negros nas zonas de maior altitude. Por encima da zona forestal existen prados alpinos.
As especies do Val de Arán que están en perigo de extinción, con programas de reintroducción ou de protección e conservación son:
A climatoloxía do Val de Arán inflúe directamente na súa cociña. Os rigores invernais fan necesario unha alimentación consistente. Son típicas as sopas, os estufados e a chamada pota aranesa. A sobremesa máis característica son os crepes, tamén chamados en aranés: crespets, brescajus ou pasteres, segundo o lugar do val. Tamén se utilizan moito os produtos da terra como carnes de ovino e bovino e froitos do bosque.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.