Baqueira Beret
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Baqueira Beret (en occitano aranés: Vaquèira-Beret) é unha estación de esquí situada no Val de Arán (Lleida), no Pireneo Catalán, España. A partir da creación da estación, orixinouse ao redor un núcleo urbano de nova formación, Vaquèira, con todo tipo de servizos (hoteis, apartamentos, farmacias...)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Tipo | Estación de esquí | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Naut Aran, España | |||
| ||||
Cordilleira | Pireneos | |||
Características | ||||
Altitude | punto máis baixo: 1.500 m punto máis alto: 2.610 m | |||
Superficie | área de esquí: 2.273 ha | |||
Estación de esquí | ||||
Remonte | 36 (62.013 pers/h) | |||
Pista de esquí alpino | 111 (144 km) 5 49 17 43 | |||
Pista de esquí de fondo | 3 (5 km) | |||
Páxina web | baqueira.es… | |||
A estación está dividida en tres zonas: Vaquèira, Beret e La Bonaigua. As tres suman 110 km de pistas, sendo a estación con máis quilómetros esquiables de Cataluña e a terceira dos Pireneos (sendo Aramón, en Aragón, a primeira e Grand Valira, en Andorra, a segunda). Ten un dominio esquiable de 1 922 hectáreas, o máis grande dos Pireneos.
A estación foi fundada en 1964 por Jorge Jordana de Pozas e Luis Arias.
Está situada nas zonas máis elevadas das comarcas do Val de Arán (concello de Naut Aran) e do Pallars Sobirà (Vales de Àneu).
A orientación atlántica e de vertente norte da estación fai que dispoña durante toda a tempada de abundantes precipitacións e de baixas temperaturas que aseguran grandes espesores de neve.
Ademais dos servizos habituais (escola de esquí, alugueiro de material, restaurantes e cafeterías, atención médica etc.), dispón dunha importante oferta de aloxamento en hoteis e apartamentos, así como pista de xeo, piscina climatizada, tendas de deporte e comerzo en xeral, discoteca etc. A oferta gastronómica desta zona turística é unha mestura da tradición da cociña francesa coas especialidades locais.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baqueira Beret |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.