Comminges
From Wikipedia, the free encyclopedia
Comminges (en occitano e gascón Comenge) é unha rexión xeográfica do sur de Francia, non delimitada de xeito oficial.
Comenge (oc) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Occitania | ||||
Departamento | Alta Garona | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Situación
Este antigo país da Francia meridional, sita na Alta Gascoña (Haute-Gascogne), está actualmente dividida entre os departamentos de Alta Garona, Ariège e de Gers. Polo sur Comminges linda con España.
Subdivisións principais
O país pode dividirse en dúas zonas:
- Alto-Comminges (Haut-Comminges) ou Comminges gascón, que comprende a súa parte sur, entre Bigorre e Couserans. A súa capitalidade comarcal recae en Saint-Bertrand-de-Comminges. Outras localidades salientes son: Saint-Martory, Montespan, Muret, Lombez, Aurignac e Isle-en-Dodon ;
- Baixo-Comminges ou Comminges languedociano, tamén denominado Pequeno Comminges (Petit Comminges), sito no nordeste do país, entre o Alto-Comminges, Couserans, o Condado de Foix e máis o Haut-Languedoc. As cidades máis importantes nesta zona son: Saint-Béat e Valentine.
As pequenas comarcas
Comminges esta subdivídida aínda en pequenas comarcas que xorden, principalmente, en torno ao alto val do río Garona e os dos seu tributario Pique: Larboust, Paíss de Luchon, Ballongue, Oueil, Bavartès, Layrines, Frontignès, País de Aspe, País de Rivière, País de Dodon.
O termo Nébouzan aplícase especificamente á rexión de Saint-Gaudens.
O asentamento galo-romano de Lugdunum Convenarum, preto de Saint-Bertrand-de-Comminges, foi a capital da Convenae, o antigo nome da rexión.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Comminges ![]() |
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.