From Wikipedia, the free encyclopedia
O tráfico de influencias é unha práctica ilegal en moitas lexistacións, e cando menos éticamente censurable, de utilizar a influencia persoal no goberno ou mesmo en ámbitos empresariais, a través de conexións con persoas e para obter favores ou tratos preferentes.[1]
Naturalmente, búscanse conexións con amigos ou coñecidos para ter información, e con persoas que exercen autoridade ou teñen poder de decisión, e moitas veces isto ocorre a cambio dun pago en diñeiro ou en especie, ou a concesión dalgún tipo de privilexio. A natureza ilegal do tráfico de influencias é relativa e distinta nos distintos estados-nación: a OCDE utilizou a miúdo o termo "tráfico de influencias impropio" para se referir a actos de lobby ilegais ou cuestionábeis.[2]
O tráfico de influencias está penalizado na Arxentina, Bélxica, o Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, España, Francia, Guatemala, Italia,[3] México,[4] Panamá, Paraguai, Perú, Portugal, Romanía, Uruguai e Venezuela.
O escándalo das condecoracións a finais do século XIX foi un caso político-financeiro que salpicou ó presidente da República Jules Grévy, quen foi obrigado á dimisión[5]. A constatación da ausencia dunha lei que prohibise ese tipo de corruptelas, implicou a creación dunha incriminación específica que permitise reprimilas: o tráfico de influencias.[6]
En España, o tráfico de influencias é puníbel e a súa persecución e sentenza dependen do Xulgado do Xurado da provincia en cuestión. O delito de tráfico de influencias está descrito nos artigos 428, 429, 430 e 431 da Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal. A lexislación estaba tipificada na Lei orgánica 9/1991, do 22 de marzo, e no Código Penal de 1928, que regulaba algunha figura semellante ao tráfico de influencias e suborno.[7]
No Brasil, o tráfico de influencias está descrito no art. 332 do Código Penal.[8] A pena prevista para este delito é a prisión, de 2 a 5 anos, e multa. A sanción increméntase á metade se o axente alega ou insinúa que a vantaxe tamén se destina ao traballador.
O delito de tráfico de influencias foi creado en Portugal en 1995 a proposta do Goberno de António Guterres. Casualmente, Armando Vara, exministro de Guterres, despois desvinculado do Partido Socialista, foi condenado por tres delitos de tráfico de influencias.[9]
No Uruguai, o tráfico de influencias está previsto no artigo 158-BIS do Código Penal uruguaio.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.