From Wikipedia, the free encyclopedia
Thymallus thymallus é unha especie de peixe osteíctio da familia dos salmónidos, subfamilia dos timalinos e do seu único xénero, Thymallus,[2][3] do que é a súa especie tipo.
Thymallus thymallus | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Thymallus thymallus | |||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Thymallus thymallus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Propia de Europa, onde está moi estendida, agás no sur deste continente, a súa área de dispersión chega até o occidente de Siberia.
Figura no Apéndice III da Convención de Berna.[4]
A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Salmo thymallus.[2][3]
Ver timalinos.
Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3]
A súa lonxitude máxima normal é duns 30 cm, aínda que se describiu un exemplar que alcanzou os 60 cm.[5] Na alta e ampla aleta dorsal que o caracteriza ten de 5 a 8 espiñas, mentres que na aleta anal ten de 3 a 4 espiñas,[6] sendo esta a principal característica que o diferencia do tímalo ártico (Thymallus arcticus).
Thymallus thymallus, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional como tímalo común, ou europeo, é un peixe non migratorio, bentopeláxico de augas doces e salobres cun pH entre 7,0 e 7,5,[4] que vive en augas a profundidades de até uns 15 m,[7] e que encontra as condicións de vida ideais nas correntes rápidas dos ríos, en fondos cubertos de area e grava e entre a sucesión de sectores de augas tranquilas e turbulentas; tamén pode encontrarse en lagos e, excepcionalmente, en augas salobres do mar Báltico.[5]
Thymallus thymallus habita nas concas dos mares atlánticos Báltico, Branco, do Norte, Caspio e Negro, até a dos ríos Loira e o Ródano; en Rusia, chega até a conca do río Obi, no mar de Barents.[1][4]
Foi introducido na maior parte do sur e centro de Finlandia e nas concas dos ríos Po (Italia) e do Islonzo ou Soča (Italia e Eslovenia).[1]
Remonta os ríos de alta montaña até zonas con leitos de area grosa o pedras para desovar, con augas ben oxixenadas,4 frías e con corrente rápida. En Escandinavia adoita vivir en lagos de augas claras e algunhas poboacións son semianádromas, descendendo os adultos até o mar Báltico, aínda que isto é unha rareza e o normal é que sexa un peixe de auga dulce non migrador,[6] que busca as augas de máis de 15 m de profundidade.[7]
É unha especie gregaria que vive en cardumes,[8] non migratoria, alimentándose fundamentalmente de insectos,[9] ninfas, pequenos vermes e crustáceos. Na idade adulta adoita converterse nun animal omnívoro, de forma que, ademais de invertebrados tamén consome materia orgánica vexetal.
É presa de grandes peixes, incluído o Huso huso.
É unha especie moi sensíbel á polución, polo que a súa poboación diminúe en ríos contaminados.[7]
Desde a antigüidade esta especie foi unha importante fonte de alimento nalgunhas comunidades rurais de Europa, polo que aparece en numerosos escudos ou bandeiras de cidades europeas; a súa pesca é polo tanto comercial, e tamén a súa acuicultura, sendo o seu prezo alto no mercado.[6]
A pesca deportiva tamén busca moito esta especie, puidéndose pescar tanto con carnada natural de larvas de insectos como pescado con mosca.[6]
Non se coñecen ameazas importantes e xeneralizadas, pero a nivel rexional sofre a contaminación dos ríos, a construción de encoros e a regulación dos ríos. Na súa área de distribución sur é cada vez máis vulnerábel ao cambio climático. Localmente é susceptíbel a grandes poboacións de aves depredadoras.[1]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que é unha especie moi estendida e que non se coñecen grandes ameazas xeneralizadas, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.