From Wikipedia, the free encyclopedia
O Huso huso é unha especie de peixe condrósteos da orde dos acipenseriformes e familia dos acipenséridos, que habita principalmente na conca do mar Caspio, e tamén, aínda que menos abundante, na do mar Negro e que, ocasionalmente, se pode encontrar no mar Adriático.
Huso huso | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Huso huso (Linnaeus, 1758) [2] |
Moi prezado polasa súas ovas, o exquisito e carísimo caviar Beluga,[3] que alcanza nos mercados prezos que oscilan desde os 7.000 aos 10.000 dólares por quilogramo.[4][5]
Porén, a súa carne non é moi prezada.
É un peixe anádromo, que remonta os ríos para reproducirse.
Pode alcanzar gran tamaño: capturáronse exemplares moi vellos de até 5 m de lonxitude.
É de lento crecemento e tardía maduración, e pode vivir uns 150 anos.
Este esturión é un gran depredador, alimentándose doutros peixes.
O número de espécímes da especie foi reducíndose estremadamente nos últimos anos debido á sobrepesca e á contaminación, obrigando a moitos gobernos a restrinxir a súa comercialización.
A IUCN clasifica este esturión como "especie en perigo de extinción".[6]
É unha especie protexida que fugura na lista do Anexo II do Convención de Berna.[7] e o seu mercado está restrinxido polo Apédice II do CITES.
As poboacións que subsisten no mar Mediterráneo están fortemente protexida polo Anexo II da Convención de Berna, prohibindo calquera morte intencionada destes peixes.
O Servizo de pesca e Vida Salvaxe dos Estados Unidos prohibiu a importación do "caviar Beluga" e outros produtos derivados deste peixe do mar Caspio desde o 7 de outubro de 2005.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.