Publicación numismática From Wikipedia, the free encyclopedia
The Roman Imperial Coinage (nalgúns volumes omítese no título o artigo "The"), abreviado como RIC (en galego: "A moeda imperial romana"), é un monumental catálogo británico de moeda imperial Romana que abrangue a produción monetaria desde o tempo da Batalla de Accio (31 a. de C.) ata a Antigüidade Tardía, no ano 491 d. de C. É o resultado de décadas de traballo (desde 1923 ata 1994) a modo de continuación do anterior catálogo de oito volumes compilado no século XIX polo numismático Henry Cohen.[1]
Este traballo tómase como estándar para a identificación das cuñaxes realizadas baixo a autoridade dos emperadores romanos.
A produción dun catálogo cronolóxico das emisións monetarias do Imperio Romano arrincara en 1923 da man de Harold Mattingly, numismático do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico. O seu catálogo supuña unha salientable diferenza con respecto ao do seu predecesor, Henry Cohen, de 1886. Mentres Cohen clasificara as moedas por emperador, e despois por orde alfabética da lenda, sen indicación ningunha dos obradoiros monetarios, Mattingly daba para cada emperador unha clasificación cronolóxica das pezas ordenadas por obradoiro monetario e por serie de emisión.[2]
Mattingly asociouse con Humphrey Sutherland para elaborar os volumes IVb (1938) e IVc (1949), e con Percy H. Webb para os volumes Va (1927) e Vb (1933). A partir de 1930, a dirección editorial de cada volume dos que restaban foille encomendada a especialistas en cada período.[3]
Logo do falecemento de Mattingly en 1964, Sutherland e R. A. G. Carson asumiron conxuntamente a dirección editorial do traballo.[4]
En 1984 Sutherland publicou unha edición ampliada do primeiro volume de 1923, que non foi tan detallada como as seguintes.[5]
O RIC componse de 13 volumes:
Na obra dáse unha historia detallada das moedas do reinado de cada emperador, cunha clasificación dos tipos de emisión, e dentro de cada tipo unha inscrición, a partir da súa inscrición.
Para cada peza listada, hai unha descrición tanto do seu anverso como do seu reverso ("cabezas e colas"), e achéganse tamén unhas siglas para indicar o nivel de rareza:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.