From Wikipedia, the free encyclopedia
Terrier é un grupo de razas de cans producidas inicialmente para a caza de pequenos animais que foron desenvolvidas nas illas británicas. O nome provén do latín terra. En liñas xerais trátase dun can de tamaño pequeno, pelo áspero ou duro e posuidores dun carácter decidido, enérxico e inquedo, moi axeitado para a caza de ratos e alimañas, que foi o principal uso para o que foron seleccionados. Como os terrier varían en medida, dende exemplares dun par de quilos (como o Norwich), até exemplares de máis de 30 quilos (como o Airedale), polo xeral clasifícanse con base ó tamaño ou á función.
A maioría das razas terrier desenvolvéronse en Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda e en diferentes localidades criáronse terrier específicos para a caza ou o control das alimañas, xxa que se empregaron para combater as ratas, coellos, e raposos, tanto enriba como baixo da terra (tobeiras). Algúns terrier meirandes foron utilizados para cazar teixugos. O Kerry Blue e o Airedale usáronse particularmente para facer fronte ós castores e lontras en augas profundas. Outros usáronse como cans de pastoreo (Wheaten Terrier).
Baseado nun estudo de 2006, análises xenéticas demostran que a maioría dos terrier están dentro do «moderno» clúster xenético das razas de cans «cazadoras» desenvolvidas a partir do mesmo grupo de devanceiros na Europa do século XIX. Uns poucos terrier atópanse no clúster xenético do «mastiff» (mastín), xunto co Pomerania, o Labrador retriever e outros cans de testa grande, mentres que o Terrier tibetano se atopa na antiga agrupación dos cans de Asia e África, como o Pequinés.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.