Sué, Xué, Sua, Zuhe ou Suhé[1] era o deus do Sol na relixión muisca. Era o marido da deusa da Lúa, Chía.[2][3] Os muiscas e a súa confederación eran unha das catro civilizacións avanzadas de América e desenvolveron a súa propia relixión no Altiplano Cundiboyacense dos Andes. Tanto o Sol como a choiva, representada por Chibchacum, eran fundamentais para a súa agricultura.

Datos rápidos Outros nomes, Afiliación ...
Sué
Deus do Sol.
Membro da Relixión muisca
Thumb
Sué agochándose en Bacatá.
Outros nomesXué, Sua, Zuhe, Suhé
AfiliaciónChiminigagua (luz)
Cuchavira (arco da vella)
Chibchacum (chuvia)
Centro de cultoTemplo do Sol, Sogamoso
PlanetaSol
XéneroMasculino
RexiónAltiplano Cundiboyacense
Colombia
Grupo étnicoPobo muisca
Información persoal
ConsorteChía (Lúa)
Equivalentes
Equivalente gregoHelios
Pechar

Descrición

Thumb
Reconstrución do Templo do Sol, lugar de adoración de Sué. Museo Arqueolóxico de Sogamoso.

Despois de que Chiminigagua crease a luz e a Terra, creou a Chía e a Sué para que representasen a Lúa e o Sol respectivamente. O conquistador español Gonzalo Jiménez de Quesada escribiu sobre os deuses muiscas: "eles teñen o Sol e a Lúa como creadores de todas as cousas e cren que están xuntos como marido e muller, creando os consellos".[2]

Mentres que Chía estaba relacionada co zipas do sur da Confederación muisca, Sué estaba relacionado co zaque do norte.[4] Tamén o cacique de Ramiriquí estaba relacionado con Sué.[5]

Sué era adorado no Templo do Sol de Sugamuxi, no presente coñecida como Sogamoso, a Cidade do Sol. Outros templos atribuídos a Sué estaban en Bacatá e en Guatavita.[6] O templo do Sol orixinal de Sogamoso foi destruídos polos fachos dos conquistadores españois.[7]

Na data do solsticio de verán, os nobres muiscas marchaban en procesión ó templo para facer sacrificios e pedir a bendición das colleitas. O día era celebrado por toda a xente, que pintaban o corpo e bebían chicha. Tamén adoraban ás súas propias sombras, xa que crían que Sué lles proporcionaba o seu propio deus persoal que os acompañaba durante todo o día.[4]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.