From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha substitución conservadora ou mutación conservadora é unha mutación que causa que se substitúa un aminoácido nunha proteína por outro aminoácido que ten propiedades bioquímicas similares (por exemplo en carga, hidrofobicidade, tamaño).[1][2]
Inversamente, unha substitución radical é a que causa unha substitución dun aminoácido por outro que ten propiedades fisicoquímicas diferentes.[1]
Hai 20 aminoácidos que aparecen normalmente de forma natural nas proteínas e algúns deles teñen características similares. Por exemplo, a leucina e a isoleucina son ambas alifáticas, ramificadas e hidrófobas. De xeito similar, o ácido aspártico e o ácido glutámico son ambos residuos pequenos e con carga negativa.
Aínda que hai moitas maneiras de clasificar os aminoácidos, clasifícanse a miúdo en seis clases principais baseándose nas súas estruturas e as características químicas xerais das súas cadeas laterais (grupos R).
Clase | Aminoácidos | Código dunha letra |
---|---|---|
Alifáticos | Glicina, Alanina, Valina, Leucina, Isoleucina | G, A, V, L, I |
Con hidroxilo ou conteñen xofre/selenio | Serina, Cisteína, Selenocisteína, Treonina, Metionina | S, C, U, T, M |
Cíclicos | Prolina | P |
Aromáticos | Fenilalanina, Tirosina, Triptófano | F, Y, W |
Básicos | Histidina, Lisina, Arxinina | H, K, R |
Ácidos e as súas amidas | Aspartato, Glutamato, Asparaxina, Glutamina | D, E, N, Q |
As distancias fisicoquímicas pretenden cuantificar as diferenzas intraclase e interclase entre os aminoácidos baseándose en propiedades medibles e moitas desas medidas foron propostas na literatura.[4] Debido á súa simplicidade dúas das medidas máis utilizadas son as de Grantham (1974)[5] e Miyata et al (1979).[6] Unha substitución conservadora é, por tanto, un intercambio entre dous aminoácidos separados por unha distancia fisicoquímica pequena. Inversamente, unha substitución radical é un intercambio entre dous aminoácidos separados por unha gran distancia fisicoquímica.[4]
As substitucións conservadoras en proteínas adoitan ter un efecto pequeno sobre a función comparadas coas substitucións non conservadoras. O efecto reducido das substitucións conservadoras sobre a función pode tamén observarse na aparición de diferentes substitucións na natureza. As substitucións non conservadoras entre proteínas é moito máis probable que sexan eliminadas pola selección natural debido aos seus efectos prexudiciais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.