From Wikipedia, the free encyclopedia
Un elemento ultraconservado (abreviado UCE, do inglés ultra-conserved element) é unha rexión do ADN que é idéntica en polo menos dúas especies de seres vivos.[1] Un dos primeiros estudos sobre UCEs mostrou que certas secuencias de ADN humanas dunha lonxitude de 200 nucleótidos ou maiores estaban totalmente conservadas (tiñan idéntica secuencia de nucleótidos) en ratas e ratos.[2] Malia que a miúdo son secuencias de ADN non codificante,[3] algúns elementos ultraconservados son transcricionalmente activos, orixinando moléculas de ARN non codificante.[4]
A perfecta conservación destes longos tramos de ADN crese que ten unha importancia evolutiva, xa que estas rexións parecen ter experimentado unha forte selección negativa durante de 300 a 400 millóns de anos.[2][3][5] A probabilidade de encontrar elementos ultraconservados por azar (baixo evolución neutra) foi estimada como menor de 10−22 en 2,9 miles de millóns de bases.[2]
Foron identificados 481 elementos ultraconservados no xenoma humano.[1][2] Unha base de datos que recolle información xenómica sobre elementos ultraconservados (UCbase) que comparten o 100% de identidade entre humanos, ratos e ratas está dispoñible en .[6] Un pequeno número deles que son transcritos foron asociados a carcinomas e leucemias humanas.[4] Por exemplo, TUC338 está fortemente regulado á alza nas células de carcinoma hepatocelular humano.[7] Un estudo que compara os elementos ultraconservados entre humanos e o peixe Takifugu rubripes propuxo que foron importantes no desenvolvemento dos vertebrados.[8] Varios elementos ultraconservados están localizados preto de reguladores transcricionais ou xenes do desenvolvemento.[2][9] Outras funcións son a amplificación e a regulación do empalme do ARN.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.