Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Takifugu rubripes é unha especie de peixe globo, chamada no Xapón torafugu (xaponés: 虎河豚). Distínguese por ter un xenoma moi pequeno que foi totalmente totalmente secuenciado porque a especie se utiliza como organismo modelo en moitos experimentos e é unha referencia en xenómica.[3] Igual que outras especies do seu xénero, T. rubripes é aprezado polo seu uso nos pratos de fugu no Xapón e Corea do Sur.[4] A súa sobrepesca causou danos nas poboacións dalgunhas pesquerías e a especie é considerada agora "case ameazada" pola IUCN; porén, T. rubripes tamén se cría en acuicultura ademais de ser capturada salvaxe.[5]
Takifugu rubripes | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A especie a miúdo é denominada na literatura xenómica Fugu rubripes. O xénero Fugu é un sinónimo do nome actualmente preferido Takifugu.[6] Takifugu é o nome xaponés dos peixes globo e rubripes procede do latín ruber e pēs, e significa 'pés avermellados'.
A especie habita no mar do Xapón, mar da China Oriental e mar Amarelo do norte ao sur da illa de Sakhalin, a profundidades de entre 10 e 135 m. É unha especie demersal. A desova prodúcese en estuarios; os peixes novos poden tolerar un amplo intervalo de salinidades e permanecen en desembocaduras de ríos e albufeiras madurando durante un ano, e despois migran permanentemente ao océano aberto.[1]
Unha característica desta specie é que ten un xenoma moi pequeno, que se utiliza como ‘referencia’ para identificar xenes e outros elementos nos xenomas de humanos e outros vertebrados. O seu xenoma foi publicado en 2002 polo International Fugu Genome Consortium que utilizou a secuenciación de escopeta do xenoma completo. O proxecto iniciouse en 1989 e foi o segundo senoma dun vertebrado en ser secuenciado e dispoñible publicamente, despois do humano.[7] Hoxe segue sendo o menor xenoma coñecido entre os vertebrados; o seu número de pares de bases é de ~6% do humano e o número de xenes codificadores de proteínas previamente coñecido é só do ~13% comparado cos coñecidos co xenoma humano, aínda que o número de cromosomas deste peixe (22) é comparable ao humano (23). Isto faino especialmente útil para estudos comparativos. As estimacións actuais son de que ten un total de 392.376.244 pares de bases, 1.138 xenes codificantes de proteínas coñecidos e outros 18.093 xenes novos e 593 xenes de ARN.[8]
Igual que outros peixes globo, algúns órganos desta especie conteñen tetrodotoxina e son moi tóxicos. A toxina está moi concentrada no fígado e ovarios, é mais escasa na carne e intestinos e está ausente na pel e testículos.[1]
A especie está clasificada como "case ameazada" pola IUCN. É un dos peixes máis valiosos desde o punto de vista comercial no Xapón e aínda que as capturas actuais (101 toneladas por ano en 2004, baixaron moito desde o pico acadado en 1987 que foi de 2.000 toneladas) son menores comparados cos da maioría das outras especies comerciais, como as sardiñas e anchoas, parece ser insostible e impide a recuperación da especie da súa anterior sobreexplotación. Recomendáronse restricións nos aparellos de pesca que se poden utilizar (a maioría das capturas fanse con palangres) e os axustes nas tempadas de pesca para protexer as crías para axudar á súa recuperación. A especie é criada a grande escala en acuicultura.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.