Spencer (filme)
filme de 2021 dirixido por Pablo Larraín / From Wikipedia, the free encyclopedia
Spencer[6] é un filme de 2021 de ficción histórica[7][8] dirixido por Pablo Larraín e escrito por Steven Knight. O filme conta a historia da crise existencial de Diana de Gales durante o Nadal de 1991, durante a cal considerou o divorcio con Carlos de Inglaterra e abandonar a familia real británica. Kristen Stewart e Jack Farthing intepretan á Princesa Diana e ao Príncipe Carlos respectivamente, xunto Timothy Spall, Sean Harris e Sally Hawkins.
Spencer | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Spencer |
Director | Pablo Larraín |
Produtor |
|
Guión | Steven Knight |
Intérpretes |
|
Música | Jonny Greenwood |
Fotografía | Claire Mathon |
Montaxe | Sebastián Sepúlveda[1] |
Estudio | |
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Venecia: 3 de setembro de 2021 |
Duración | 117 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Ficción histórica |
Orzamento | 18 millóns de dólares[4][5] |
Recadación | 23,7 millóns de dólares |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Spencer estreouse na 78ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 3 de setembro de 2021, e nos cinemas do Reino Unido e os Estados Unidos o 5 de novembro de 2021. Recadou máis de 23 millóns de dólares en todo o mundo e conseguiu boas valoracións por parte da crítica, sendo Stewart especialmente eloxiada. Pola súa interpretación de Diana, Stewart foi nomeada ao Óscar á mellor actriz, ao Globo de Ouro e ao Critics' Choice Movie.
Estreouse subtitulado en galego a través de Amazon Prime Video.[9]