monarca do Reino Unido e da Commonwealth / From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos III (Charles Philip Arthur George Windsor; nado en Londres o 14 de novembro de 1948) é o rei do Reino Unido e de catorce estados independentes máis chamados Reinos da Commonwealth desde 2022, tras a morte da súa nai a raíña Isabel II. Tamén é o xefe da Commonwealth, unha grande organización intergobernamental formada por 53 países independentes. Era o herdeiro, así como o duque de Cornualla e duque de Rothesay de 1952 a 2022, sendo a persoa máis longa na liña de sucesión ao trono británico da historia. Tamén foi o príncipe de Gales máis lonxevo, xa que ostenta o título desde xullo de 1958. Despois da morte do seu pai, o príncipe Filipe o 9 de abril de 2021, Carlos tamén herdou o título de duque de Edimburgo.[1]
Era o fillo máis vello da raíña Isabel II e do príncipe Filipe de Edimburgo. Recibiu o título oficial de príncipe de Gales, ademais dos títulos históricos de duque de Cornualla, duque de Rothesay (Escocia), conde de Carrick, barón de Rebfrew e Señor das Illas, así coma conde de Chester. Tras ser o herdeiro máis lonxevo da historia británica,[2] converteuse en Carlos III (Charles III), aínda que podía escoller calquera dos seus catro nomes[1] malia ter afirmado, en varias ocasións, que para reinar elixiría o nome do seu avó e, neste caso, sería Xurxo VII (George VII). É o monarca número 40 na lista de monarcas británicos, dende Guillerme o Conquistador.[1]