From Wikipedia, the free encyclopedia
O príncipe Henrique de Sussex, de nome completo Henry Charles Albert David Windsor e coñecido informalmente como Príncipe Harry[1], nado en Londres o 15 de setembro de 1984, é o fillo máis novo do rei Carlos III do Reino Unido e Diana, princesa de Gales. É neto da raíña Isabel II e do príncipe Filipe, duque de Edimburgo.
Cando naceu ocupaba o terceiro lugar na liña de sucesión ao trono británico, pero despois do nacemento dos seus sobriños, os príncipes Xurxo, Carlota e Lois, fillos do seu irmán Guillerme, ocupa o posto número seis.
Ao culminar a súa educación en colexios do Reino Unido e pasar parte do seu ano sabático en Australia e Lesotho, optou por seguir a carreira militar, formándose na Real Academia de Sandhurst. Foi comisionado como cornet no The Blues and Royals do Household Cavalry Regiment (cabalería do rexemento), servindo temporalmente xunto ao seu irmán William e completando a súa formación como líder de tropa. En 2007 e 2008 serviu durante 77 días en Helmand (Afganistán) pero foi retirado do lugar tras divulgarse a súa presenza alí por unha revista australiana.[2] Regresou a Afganistán para un despregamento de 20 semanas en 2012 e 2013 xunto á Army Air Corps.[3]
O 19 de maio de 2018 casou con Meghan Markle. O 15 de outubro do mesmo ano, anunciouse que os duques esperaban o seu primeiro fillo.[4] O 6 de maio de 2019 a duquesa deu a luz a un varón, Archie Harrison Mountbatten-Windsor.[5]
16. Rei Xurxo I de Grecia | ||||||||||||||||
8. Príncipe André de Grecia e Dinamarca | ||||||||||||||||
17. Gran Duquesa Olga Constantinovna de Rusia | ||||||||||||||||
4. Príncipe Filipe de Grecia e Dinamarca | ||||||||||||||||
18. Príncipe Lois de Battenberg | ||||||||||||||||
9. Princesa Alicia de Battenberg | ||||||||||||||||
19. Princesa Vitoria de Hesse e do Rin | ||||||||||||||||
2. Carlos, Príncipe de Gales | ||||||||||||||||
20. Rei Xurxo V do Reino Unido | ||||||||||||||||
10. Rei Xurxo VI do Reino Unido | ||||||||||||||||
21. Princesa María de Teck | ||||||||||||||||
5. Raíña Isabel II do Reino Unido | ||||||||||||||||
22. Claudio Bowes-Lyon, XIV Conde de Strathmore e Kinghorne | ||||||||||||||||
11. (Lady) Elizabeth Bowes-Lyon | ||||||||||||||||
23. Cecilia Cavendish-Bentinck | ||||||||||||||||
1. Príncipe Henry de Gales | ||||||||||||||||
24. Carlos Spencer, VI Conde Spencer | ||||||||||||||||
12. Alberte Spencer, VII Conde Spencer | ||||||||||||||||
25. Margaret Baring | ||||||||||||||||
6. John Spencer, VIII Conde Spencer | ||||||||||||||||
26. Jacobe Hamilton, III Duque de Abercorn | ||||||||||||||||
13. (Lady) Cynthia Elinor Hamilton | ||||||||||||||||
27. Rosalind Cecilia Bingham | ||||||||||||||||
3. (Lady) Diana Frances Spencer | ||||||||||||||||
28. Xacobe Burke Roche, III Barón Fermoy | ||||||||||||||||
14. Mauricio Burke Roche, IV Barón Fermoy | ||||||||||||||||
29. Frances Ellen Work | ||||||||||||||||
7. Frances Ruth Burke Roche | ||||||||||||||||
30. Guillerme Smith Gill | ||||||||||||||||
15. Ruth Silvia Gill | ||||||||||||||||
31. Ruth Littlejohn | ||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.