actriz e membro da familia real británica From Wikipedia, the free encyclopedia
Meghan, duquesa de Sussex, nada como Rachel Meghan Markle nos Ánxeles o 4 de agosto de 1981, é unha activista e antiga actriz estadounidense, membro da familia real británica logo do seu matrimonio co príncipe Henrique o 19 de maio de 2018.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Filla de Doria Loyce Ragland, traballadora social e profesora de ioga[1], e de Thomas Markle Sr., antigo director de fotografía gañador dun Emmy [2] e a pequecha Meghan acompañaba con frecuencia a seu pai ao estudio de gravación de Married...with Children[3]. Seus pais divorciáronse cando ela tiña seis anos[4] e ten dous medios irmáns por parte de pai, Thomas Markle Jr. e Samantha Grant.[4] Criouse en Hollywood e estudou en colexios privados, ao primeiro no Hollywood Little Red Schoolhouse[5] e logo na Immaculate Heart High School, un instituto feminino e católico nos Ánxeles [6], así a todo ela identifícase como protestante[7].
En 2003 graduouse na Universidade Northwestern en teatro e estudos internacionais, realizou papeis secundarios en diferentes series de televisión norteamericanas e de 2011 a 2017 interpretou a Rachel Zane na serie de avogados Suits e mais tamén salienta o seu papel como axente especial Amy Jessup en Fringe. No cinema actuou en Remember Me e Como acabar co teu xefe. En xuño de 2016[8] comezou unha relación sentimental co príncipe Henrique que se deu a coñecer oficialmente o 27 de novembro de 2017,[8][9] e asemade Meghan anunciaba que se retiraba como actriz.
Casou co príncipe Henrique o 19 de maio de 2018. O 15 de outubro do mesmo ano, anunciouse o seu primeiro embarazo.[10] O 6 de maio de 2019 naceu o seu primeiro fillo, Archie Harrison Mountbatten-Windsor.[11]
En 2018 a revista Time considerouna unha das "100 persoas máis influentes do mundo".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.