Sitta whiteheadi (gabeador corso) é unha especie de pequena ave paseriforme que é endémica da illa de Córsega, onde é o único gabeador. Está restrinxido a zonas con exemplares maduros de piñeiro corso (Pinus nigra spp. laricio) que crece a altitudes desde os 800 aos 1 600 m sobre o nivel do mar.

Máis información Gabeador corso, Estado de conservación ...
Gabeador corso

Litografía de J. G. Keulemans publicada en 1885
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sittidae
Xénero: Sitta
Especie: S. whiteheadi
Nome binomial
Sitta whiteheadi
Sharpe, 1884
Pechar

Taxonomía

Os gabeadores constitúen un xénero (Sitta) de aves paseriformes con colas e ás curtas, corpos compactos e peteiros bicudos e longos. As súas partes superiores son grises ou azuladas, cunha liña ocular negra e pés fortes. As súas colas teñen 12 plumas (rectrices) e as ás teñen dez plumas de voo primarias.[2] En 2015 o Comité Ornitolóxico Internacional distinguiu 28 especies neste xénero.[3]

O gabeador corso foi descuberto polo coleccionista inglés John Whitehead en 1883 cando matou dun tiro un espécime durante unha viaxe polas montañas de Córsega. Cando mostrou o espécime a Bowdler Sharpe, que era o conservador da colección de aves no Museo Británico,[4] Sharpe recoñeceu que a ave era unha especie ata entón non documentada e publicou unha curta descrición.[5] Whitehead tornou a Córsega en 1884 para recoller máis espécimes e descubriu que a especie era sexualmente dimórfica en coloración; a ave que cazara o ano anterior era un macho.[4] Sharpe utilizou os espécimes adicionais recollidos por Whitehead para publicar unha descrición máis completa das especies.[6]

Dentro do xénero o gabeador corso pertence ao grupo canadensis, no que tamén están incluídos S. canadensis, S. villosa), S. krueperi e S. ledanti.[7][8] Estas seis especies escavan normalmente os seus propios niños e todos excepto o gabeador de Alxderia S. ledanti especialízanse en sementes extraídas das piñas. Todos os membros do grupo exhiben tamén o dimorfismo sexual na cor das plumas de cabeza.[9] A análise do ADN ribosómico e mitocondrial indicou que o gabeador corso é o máis estreitamente relacionado co gabeador chinés S. villosa e que diverxiron dun antepasado común hai arredor de 0,96 millóns de anos.[9] A gran distancia que separa as áreas de distribución das dúas especies irmás é moi pouco usual entre os paseriformes do Paleártico.[8] S. yunnanensis é unha especie irmá do grupo canadensis[9] e ten moitas características comúns.[10]

S. yunnanensis

S. ledanti

S. krueperi

S. whiteheadi

S. villosa

S. canadensis

Cladograma do grupo canadensis baseado en Pasquet et al. (2014)[9]

Descrición

O macho adulto mide 12 cm de lonxitude e pesa de 11,8 a 14,4 g. Ten un píleo negro e unha banda ocular separados por unha liña superciliar branca. As partes dorsais son grises azuladas e a gorxa e partes ventrais son beiges agrisadas. As plumas de voo son marróns agrisadas escuras beireadas de gris azulado. O peteiro é de negro a marrón agrisado facéndose grises claras na base da mandíbula inferior, o iris é marrón escuro e as patas e pés son marróns agrisados ou agrisados. A femia é similar ao macho pero ten un píleo e banda ocular gris. As aves novas son versións máis claras dos adultos.[11]

Ten unha chamada que soa como pu-pu-pu e un canto parecido a un hididididididi.

Os adultos experimentan unha muda completa despois de reproducirse. Os xuvenís presentan unha muda parcial que empeza unhas 8 semanas despois de emplumar.[11] A taxa de supervivencia do adulto anual para os machos é do 62 %, o cal corresponde a unha vida media de 2 anos e 1 mes. A idade máxima rexistrada nesta especie foi de 5 anos e 7 meses.[12]

Distribución e hábitat

O gabeador corso é unha ave residente dos bosques de montaña de Córsega, e está estreitamente asociado co piñeiro corso (Pinus nigra spp. laricio) preferiblemente nas áreas con árbores moi vellos con idades de 300 anos ou máis para nidificar neles.[11]

Comportamento

Reprodución

Thumb
Ovos de Sitta whiteheadi.

Esta especie territorial aniña en buratos dos piñeiros corsos mortos ou que apodrecen, que xeralmente escava o propio paxaro.

A posta é normalmente de 4 a 6 ovos (a media é 5,1).[13] Os ovos son brancos con pintas marróns avermelladas, especialmente no extremo máis grande e son dun tamaño de 17,2x13 mm.[14] A femia choca os ovos durante de 14 a 17 días ata que eclosionan. É alimentada no niño polo macho. A femia despois cría os pitos cubertos de penuxe e altriciais durante os primeiros 8 días. Os polos son alimentados por ambos os adultos e empluman cando teñen uns 20 días de vida.[15]

Alimentación

Durante os meses de inverno a dieta deste gabeador consiste case enteiramente en piñóns de piñeiro corso. A ave usa o seu longo e bicudo peteiro para extraer as sementes das piñas maduras que se abren cando vai bo tempo entre novembro e marzo. Moitas das sementes son agochadas pola ave nas gretas da codia das árbores. Estas sementes agochadas son recuperadas durante o mal tempo cando as piñas non se abren a non ser que as abran os picotortos, xa que os gabeadores non poden extraer sementes de piñas pechadas. En primavera, durante a estación reprodutora, as aves aliméntanse principalmente de artrópodos.[16] En 1884 cando Whitehead abriu as moellas das aves que cazou, encontrou que contiñan pequenos escaravellos e outros insectos.[17]

Igual que outros gabeadores, esta especie ten a capacidade de gabear descendendo cabeza abaixo polas árbores, a diferenza de especies como os petos, que só poden gabear ascendendo, e poden tamén atrapar insectos en voo.

Predadores

A predación é unha causa importante de fracaso na reprodución nesta especie. O predador máis importante para el crese que é o peto real (Dendrocopos major), que é relativamente abondoso nos bosques de piñeiros. O gabeador corso non toma medidas para protexer o seu niño da predación a diferenza doutras especies de gabeadores como Sitta europea, que reduce o tamaño do burato da entrada do niño con lama ou Sitta canadensis, que cobre as superficies interiores con resina de piñeiro. En lugar diso, o gabeador corso escava o seu propio niño deixando só unha estreita entrada duns 3,2 cm. Isto é pouco comparado co burato de 5 a 6 cm feito polo peto real nos seus niños.[13]

O leirón careto (Eliomys quercinus) propúxose como outro posible predador de niños de gabeador corso. O pequeno tamaño deste mamífero permitiríalle pasar pola entrada do niño, pero crese que non gabea moi alto polos troncos das árbores.[13]

Status

A poboación é dunhas 2 000 parellas;[18] as principais ameazas para el son os incendios forestais, que destrúen o seu hábitat e a predación polos petos reais. Desde 2010 esta ave considérase unha especie vulnerable.[1]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.