Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos cértidos[1] (Certhiǐdae) é unha familia de aves paseriformes, cuxas especies son coñecidas vulgarmente co nome de agatuñadores, debido ao seu hábito de gabear polos troncos das árbores na busca do seu alimento.
Cértidos / Certíidos Certhiidae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gabeador norteño | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
Porén, tamén reciben este nome diversas especies de paseriformes doutras familias, tamén caracterizadas por gabearen polos troncos ou, nalgúns casos, especialmente polas rochas, como o subidor azul (Sitta europaea), o subidor rupestre (Sitta neumayer), ambas da familia dos sítidos, ou o subidor vermello (Tichodroma muraria), da familia dos ticodromádidos.[2][3]
Os subidores típicos da familia dos certíidos son todos de aspecto moi semellante, e non é doado diferenciar as diferentes especies.
Son aves de pequenas dimensións que viven en hábitats boscosos e que teñen a plumaxe da parte superior do corpo de cor parda e, a da inferior, branca.
Teñen bicos finos e curvados cara a abaixo, que usan para extraeren insectos da casca das árbores.[4]
Na cola teñen unhas plumas moi tesas que usan, ao xeito dos petos, para suxeitarse en árbores de tronco vertical.[4]
Fan os niños en fendas dos troncos ou entre o casqueiro das árbores.
A familia foi descrita en 1820 polo zoólogo inglés William Elford Leach.
O nome científico Certhiidae está formado, como é usual, sobre a raíz do nome do xénero tipo, Certhia, coa adición do sufixo do latín científico ´-idae, neutro plural de ´-ideus, tirado do sufixo patronímico do grego antigo -ίδης -ídēs (indicando semellanza), co que se forman os nomes da familias de animais.
Na fammilia recoñécense dous xéneros, coas seguintes especies:
Segundo as investigacións máis recentes, que teñen en conta estudos das secuencias de ADN e da estrutura do canto (Tietze et al., 2006),[9] estas especies forman dúas liñas evolutivas. As primeiras catro son o resultado dunha irradiación holoártica, mentres que o resto de especies do xénero Certhia están distribuídas nunha área ao sur e o leste do Himalaia, sendo o subidor de Hodgson o único representante do antigo antecesor do subidor común presente ao sur destes montes.
As especies de Salpornis teñen unha plumaxe manchada, que as distinguen claramente do resto da familia. Salpornis spilonotus vive no norte da India, e S salvadori, na África subsahariana.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.