A dos certioideos (Certhioidea) é unha superfamilia de paseriformes da suborde dos páseros e infraorde dos paséridos, que reúne catro familias.

Máis información CertioideosCerthioidea, Clasificación científica ...
Certioideos
Certhioidea

Carrizo (Troglodytes troglodytes)
(Troglodítidos)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Certhioidea
Cracraft et al., 2004
Familias
Pechar

Taxonomía

Descrición

A superfamilia foi proposta por Joel Cracraft et al no ano 2004,[1] na obra:

Cracraft, J., F. Keith Barker, M. J. Braun, J. Harshman, G. Dyke, J. Feinstein, S. Stanley, A. Cibois, P. Schikler, P. Beresford, J. García-Moreno, M. D. Sorenson, T. Yuri, & D. P. Mindell (2004): "Phylogenetic relationships among modern birds (Neornithes): Toward an avian tree of life", pp. 468-489, en J. Cracraft & M. J. Donoghue (eds.) Assembling the Tree of Life. Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-1951-7234-5, pp. 468–489.

para formaren un clado de catro familias para integrar un grupo de catro familias dos silvioideos, que propuxeran Sibley e Ahlquist en 1990.

Porén, algúns autores non recoñecen os certioideos nin os silvioideos, e sitúan aos seus representantes entre os muscicapoideos.[2]

Etimoloxía

O nome científico Certhioidea está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Certhia, coa adición da desinencia do latín científico -oidea, plural neutro de -oideus, tirado da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", precedida da vogal epentética de unión -o-, para facilitar a pronuncia.

Clasificación

Certhia brachydactyla
(Certíidos).

A superfamilia inclúe as catro familias seguintes. (Véxase: Barker et al. 2002, 2004; Ericson e Johansson 2003; Beresford et al. 2005).

Porén, algún autores situán a familia dos ticodromádidos dentro desta superfamilia.[2]

Filoxenia

As relacións filoxenéticas entre as familias dos certioideos son:

Certhioidea

Sittidae

Certhiidae

Troglodytidae

Polioptilidae

Neste cladograma, como se ve, os Sittidae constitúen o grupo basal, e os Troglodytidae e os Polioptilidae son taxons irmáns. (Ver: Sibley e Ahlquist 1990; Harshman 1994; Sheldon e Gill 1996; Ericson e Johansson 2003; Barker 2004).

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.