líder da revolta xudía contra o Imperio Romano do ano 132 From Wikipedia, the free encyclopedia
Simón bar Kokhba (hebreo: שמעון בר כוכבא), nado como Simón ben Kosevah, foi o líder da revolta xudía que leva o seu nome, contra o Imperio Romano no ano 132. Estableceu un estado xudeu independente na provincia de Xudea, no que gobernou durante tres anos levando o título de Nasi. O seu estado foi conquistado polas forzas do emperador Hadriano no ano 135 tras unha guerra de dous anos e medio.[lower-alpha 1]
Escultura de Bar Kokhba na menorá do Knesset | |
Nome orixinal | (he) שמעון בר כוכבא |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Simón ben Kosevah século I |
Morte | 135 Betar |
Causa da morte | morte en combate |
Datos persoais | |
Relixión | Xudaísmo |
Q89547790 | Revolta de Bar Kokhba |
Actividade | |
Ocupación | Guerreiro, Nasi |
Participou en | |
132 | Revolta de Bar Kokhba |
Familia | |
Parentes | Eleazar of Modi'im (en) (tío) |
Os documentos descubertos no século XX na grota das Cartas deron o seu nome orixinal, con algunhas variacións: Simeón bar Kosevah (hebreo: שמעון בר כוסבה), Bar Koseva (hebreo: בר כוסבא) ou Ben Koseva (hebreo: בן כוסבא).[2] É posible que o seu nome orixinal fose Bar Koseva.[3] O nome pode indicar que o seu pai ou o seu lugar de orixe se chamaba Koseva,[4] pero pode ser tamén un simple apelido familiar.[3]
O sabio xudeu Rabbí Akiva consentiu a posibilidade de que Simón fose o Mesías xudeu, e deulle o apelido "Bar Kokhba" que significa "Fillo da Estrela" en arameo, do verso do Libro dos Números relativo á profecía da estrela:
"Véxoo, pero non neste intre; eu avístoo, pero non de cerca: saíu unha estrela de Xacob, e xurdiu un caxato de Israel; crebou as ladeiras de Moab e abateu todos os fillos de Xet."Libro dos Números[5]
O nome Bar Kokhba non aparece no Talmud pero si noutras fontes eclesiásticas.[6] Os rabinos posteriores a Akiva non compartiron a súa visión sobre Bar Kokhba. Un discípulo de Akiva, Yose ben Halaphta, chámalle "bar Koziba" (hebreo: בר כוזיבא), que significa "fillo da mentira".[7] O xuízo de Bar Koseba implica que o seu cambio de nome se levou a cabo polos estudantes rabínicos no tempo da codificación do Talmud, onde o nome sempre aparece como "Simon bar Koziba" (hebreo: בר כוזיבא) ou Bar Kozevah.
A pesar da devastación causada polos romanos durante a primeira guerra xudeu-romana (66-73), que deixou a poboación e a rexión en ruínas, promulgáronse unha serie de leis polos emperadores romanos que supuxeron o xerme dunha segunda revolta.[8] Baseados na delineación dos anos do Chronicon de Eusebio de Cesarea, foi no ano décimo sexto do reinado de Hadriano, o que equivale ao cuarto ano da 227º Olimpíada, cando comezou a revolta xudía, baixo o gobernador romano Tineius Rufus, mentres que Hadriano enviou un exército para esmagar a resistencia. Bar Kokhba, o líder da resistencia no momento, castigou a todo aquel xudeu que rexeitou unirse ao seu bando.[9] Dous anos e medio despois, a guerra rematou. O emperador Hadriano prohibiu a entrada dos xudeus en Xerusalén, e construíu unha nova colonia romana, Aelia Capitolina, sobre os restos da antiga cidade.
No ocaso da guerra, o emperador consolidou as vellas unidades políticas de Xudea, Galilea e Samaria na nova provincia Syria Palaestina, o que se interpretou como un intento de eliminar calquera asociación con Xudea.[10][11][12]
Segundo o arqueólogo israelí Yigael Yadin, Bar Kokhba tratou de resucitar a lingua hebrea e converteuna na lingua obrigatoria para os xudeus como parte da súa ideoloxía mesiánica. No libro A Roadmap to the Heavens: An Anthropological Study of Hegemony among Priests, Sages, and Laymen (Judaism and Jewish Life) de Sigalit Ben-Zion, Yadin remarca: "semella que este cambio veu como resultado da orde dada por Bar Kokhba, que quería revivir a lingua hebrea e convertela na lingua oficial do estado."
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.