Serra do Suído
serra de Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia
serra de Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia
A serra do Suído (ocasionalmente Xuído)[1][2][3][4] é un sistema montañoso galego, que fai de fronteira entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Nesta provincia sitúase nos concellos de Avión e Beariz, e nela nace o río Avia, na de Pontevedra espállase polos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Tipo | cordilleira | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Avión, España, Beariz, España, A Lama, España, Fornelos de Montes, España e Covelo, España | ||||
| |||||
Características | |||||
Altitude | 900 m | ||||
Intúense refuxios do paleolítico, e cóntase con presenza de mámoas do período megalítico. A serra do Suído tivo e ten unha grande importancia para os labregos que viven ás súas beiras. Aínda hoxe se poden ver os chozos do Suído, que durante séculos foron usados polos poboadores de case todas as parroquias do concello de Avión. Alá levaban o gando nos veráns, aos sitios que os labregos chaman sesteiros: unhas zonas case que reservadas para o gando de cada aldea. Aínda hoxe existen o sesteiro da Abelenda, do Rodeiro, dos Boeixos, e de case que todas as vilas do arredor. Pódense ver os chozos subindo por unha estrada que se atopa en Neva, ou por outra que hai no lugar de Mangüeiro ou indo do Espiñeiro, na parroquia da Amiudal cara á Hedreira. Existen tamén foxos de lobo.
No alto da serra, vindo de Beariz cara a Pontevedra, está a Portela da Cruz. Nela pódense atopar vestixios dun camiño moi antigo, chamado a Verea, que era unha vía de comunicación moi importante para toda a zona, xa que atravesa todo o Suído e chega ou chegaba cando menos á Graña, xa en Pontevedra. Suponse que foi parte dun camiño real que se enlazaba con outros que unían Castela e o País Vasco, rematando na Coruña.
Predominan as rochas de orixe metamórfica, especialmente o granito herciniano ben visible nos afloramentos froito da perda dos sedimentos que os cubrían, aínda que tamén se atopan rochas estratificadas como os xistos. As formas son dondas e suaves con numerosos chans nas elevacións (Chan do Libro, Chan de Valdohome, Campo Largo...).
Solos ácidos e húmidos onde nacen os ríos Tea, Oitavén e Verdugo cara ao oeste, e o río Avia cara ao Leste. Todos eles baixan en rápidos e fervenzas de gran beleza como a fervenza de Mouriscados ou Abelenda, a freixa do Xesta ou alto Oitavén e a fervenza de Verducido.
O punto máis elevado é a Sesta Cerrada con 1059 metros de altitude. Existen outros puntos que sobardan os mil metros de altitude como o Coto dos Xarotos ou o Portiño Escuro. Albíscanse uns certos efectos periglaciais como as turbeiras e a degradación das rochas por cuña de xeo. Estamos ante unha das zonas máis chuviosas de Galicia xunto con Cuntis e Lousame[5].
A media ladeira consérvanse fragas autóctonas de gran valor con carballos, cerquiños e bidueiros, rascacús, loureiros, sobreiras e acivros. Máis arriba, aparecen interesantes formacións herbosas, pasteiros, matogueiras, poulas, queirugas, uces, piornos e, sobre todo, toxo cuxas chumusas tinguen de amarelo os seus chans e as súas abas. Nas turbeiras encóntranse musgos como o esfagno e tamén as curiosas orballiñas, diminutas plantas carnívoras que nas súas pegañentas follas atrapan pequenos insectos.
Existe unha gran riqueza floral: amarelle, paxariños, xunca de algodón, dente de can, abrótega, xacinto bravo, violeta e quitamerendas (ou tollemerendas, Merendera bulbocodium). Entre os mamíferos ademais da raposa, a lontra, o teixugo, a xeneta, o xabarín e o gato bravo, salienta o dominio do lobo. Existe unha gran variedade de morcegos. A avifauna é dunha enorme variedade (miñatos, tartarañas, falcóns, bubelas, merlo rubio, lavandeiras, aguia albela...) chegando a encontrarse exemplares de aguia real e bufo real. Entre os anfibios e réptiles débese citar o sapiño pinto, a estroza, a ra vermella, a víbora de seoane, o tritón, a píntega, a salamántiga rabilonga ou a cobra viperina.
Os parques eólicos supuxeron unha grave afección aos hábitats do Suído, malia ser un espazo natural que protexer segundo as normas subsidiarias e complementarias de planeamento de 1991.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.