![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/59/Espa%25C3%25B1a-alemania.jpg/640px-Espa%25C3%25B1a-alemania.jpg&w=640&q=50)
Selección de rugby de España
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de rugby de España é o equipo que representa á Federación Española de Rugby nos encontros oficiais organizados pola federación internacional World Rugby e pola federación europea Rugby Europe. O equipo recibe o alcume de XV do León, en referencia ó escudo da federación. Santiago Santos é o seleccionador español dende xullo do ano 2013.[1]
España Rugby | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Alcume(s) | XV do León | ||
Emblema | León | ||
Unión | Federación Española de Rugby | ||
Adestrador | Pablo Bouza | ||
Capitán | Mario Pichardie | ||
Mais caps | Francisco Puertas (93) | ||
Máis ensaios | César Sempere (31) | ||
Estadio | Central (8000) | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 15 (2022) | ||
Máximo | 15 (2022) | ||
Mínimo | 32 (2005) | ||
Estrea internacional | |||
España ![]() ![]() Barcelona, España; 20 de maio de 1929 | |||
Maior vitoria | |||
España ![]() ![]() Madrid, España; 2 de abril de 1995 | |||
Maior derrota | |||
España ![]() ![]() Madrid, España; 1 de setembro de 2001 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 1 (1999) | ||
Mellor resultado | Fase de grupos (1999) |
A selección participa anualmente no Campionato de Rugby Europe que ten lugar nos meses de febreiro e marzo, e tamén nos tests internacionais de xullo e novembro. O Campionato de Rugby Europe é a máxima competición continental a nivel de seleccións á marxe do Torneo das Seis Nacións (Inglaterra, Escocia, Gales, Irlanda, Francia e Italia) que se disputa paralelamente nas mesmas datas. O Campionato de Rugby Europe serve ademais de clasificatorio para a Copa do Mundo de Rugby que ten lugar cada catro anos. A selección de rugby de España acadou a súa única clasificación para a Copa do Mundo do ano 1999, sendo eliminada na fase de grupos.
A selección de rugby de España forma parte do Tier 2 ou segundo nivel do rugby internacional. En 2022 o equipo ocupa o posto 15º na clasificación mundial de seleccións de rugby.[2]
O XV do León xoga a maioría dos seus encontros como local no Central, un estadio con capacidade para unhas oito mil persoas, pertencente á Universidade Complutense de Madrid.[3]