![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/20/Rugby_Europe_International_Championship_nations_%25282020%2529.svg/langgl-640px-Rugby_Europe_International_Championship_nations_%25282020%2529.svg.png&w=640&q=50)
European Nations Cup
From Wikipedia, the free encyclopedia
A European Nations Cup ou ENC (chamada popularmente 6 Nacións B), é un torneo bianual entre seleccións de rugby de Europa. Considerando que o Torneo das Seis Nacións é o campionato europeo de primeira división, o European Nacions Cup sería o campionato europeo de segunda división.
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Tipo | international rugby union competition (en) ![]() ![]() |
---|---|
Deporte | rugby a 15 ![]() |
Organizador | Rugby Europe ![]() |
Número de participantes | 6 ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Europa 48°41′27″N 9°08′26″L |
Vixencia | 1936 – ![]() |
Calendario da tempada | febreiro – marzo ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | rugbyeurope.eu… ![]() |
Pechar
As 35 seleccións europeas de rugby participantes no torneo están organizadas en 7 divisións de 5 ou 6 equipos cada unha, existindo ascensos e descensos entre cada división e a seguinte. As 6 mellores seleccións disputan a División 1A, da que sae o campión oficial do campionato. Actualmente Xeorxia, Romanía, España, Rusia, Portugal e Bélxica compiten na máxima categoría.