Selección de rugby de Australia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de rugby de Australia representa a Australia en rugby. O equipo é alcumado como os Wallabies e compite anualmente con Nova Zelandia e Suráfrica no torneo das Tres Nacións, no cal tamén compite pola Bledisloe Cup con Nova Zelandia e pola Mandela Challenge Plate cos surafricanos. Actualmente ocupa o terceiro posto na clasificación mundial da IRB[1].
Australia | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Wallabies | ||
Emblema | Ualabí | ||
Unión | Rugby Australia | ||
Adestrador | Dave Rennie | ||
Capitán | Michael Hooper | ||
Mais caps | George Gregan (139) | ||
Máis ensaios | David Campese (64) | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 6 (2 de decembro de 2019) | ||
Máximo | 2 (2004) | ||
Mínimo | 7 (2018) | ||
Estrea internacional | |||
Australia 13−3 Illas Británicas Sydney, Australia; 24 de xuño de 1899 | |||
Maior vitoria | |||
Australia 142−0 Namibia Adelaida, Australia; 23 de outubro de 2003 | |||
Maior derrota | |||
Suráfrica 53−8 Australia Xohanesburgo, Suráfrica; 30 de agosto de 2008 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 9 (primeira en 1987) | ||
Mellor resultado | 1º (1991, 1999) |
Australia ten competido en tódalas seis edicións que se levan disputado até o momento da Copa do Mundo de Rugby, sendo até o momento o equipo con máis éxito da competición, tras gañar o Campionato en dúas ocasións: en 1991 gañando a final contra Inglaterra e en 1999 contra Francia, chegando ademais á final en 2003, perdendo na prórroga contra os ingleses[2]. O rugby en Australia está controlado pola Australian Rugby Union (ARU). Sete antigos Wallabies forman parte do Salón da Fama internacional do rugby (IRHOF), sendo un deles, John Eales, incluído IRB Hall of Fame.