Ualabí
From Wikipedia, the free encyclopedia
Englóbanse baixo o termo ualabí[1] animais dunhas trinta especies de macrópodos. Esencialmente, un ualabí é un macrópodo que polo seu tamaño non pode ser considerado coma un canguro e tampouco recibe ningún outro nome específico. Non existe unha verdadeira clasificación fixa ou definida dos ualabís. Por regra xeral, un ualabí é máis pequeno e robusto ca un canguro; un ualuro (portmanteau de ualabí e canguro; en inglés wallaroo, de wallaby+kangaroo) é un exemplar dalgunhas poucas especies, que segundo o seu tamaño se atopan entre os ualabís e os canguros. Algúns ualabís moi pequenos que viven nos bosques reciben os nomes de pademelons (xénero Thylogale) e dorcopsises (xéneros Dorcopsis e Dorcopsulus). O termo ualabí é unha palabra tomada da tribo Eora, que habitaba orixinalmente a rexión de Sydney. As crías dos ualabís reciben tamén o nome de joeys en inglés, coma no caso doutras especies de marsupiais.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Ualabí | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macropus rufogriseus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/Rock-painting-wallaby.jpg/640px-Rock-painting-wallaby.jpg)
A distribución das poboacións de ualabís abrangue unha extensa parte do territorio australiano, especialmente en zonas remotas, de bosques mestos e terreos accidentados; e en menor medida nas chairas semi-áridas, que son máis apropiadas para os canguros; máis grandes, delgados e con pés máis veloces.