![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Kangaroo_and_joey03.jpg/640px-Kangaroo_and_joey03.jpg&w=640&q=50)
Canguro
mamífero marsupial / From Wikipedia, the free encyclopedia
Co nome xeral de canguro denomínanse aos exemplares da grande familia dos macrópodos, que abrangue, ademais; os ualabís, o canguro arborícola, os wallaroos, pademelons, e os quokkas; o cal supón máis de 63 especies. Son endémicos do continente de Australia, asemade, os canguros arborícolas viven tanto en Australia coma na Illa de Nova Guinea.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Canguro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Canguro gris oriental con cría | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
En xeral pode dicirse que os canguros se teñen adaptado aos cambios introducidos polo ser humano nas paisaxes australianas mellor ca algúns dos seus parentes, que se atopan en perigo. Malia iso, existe unha grande polémica arredor da cría de canguros para carne destinada ao consumo humano.
O canguro é unha icona de Australia; aparece no escudo de armas de Australia, nalgunhas moedas, e a súa imaxe é empregadas por algunhas empresas, entre elas, Quantas (a principal compañía aérea do país).