Ualabí
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Englóbanse baixo o termo ualabí[1] animais dunhas trinta especies de macrópodos. Esencialmente, un ualabí é un macrópodo que polo seu tamaño non pode ser considerado coma un canguro e tampouco recibe ningún outro nome específico. Non existe unha verdadeira clasificación fixa ou definida dos ualabís. Por regra xeral, un ualabí é máis pequeno e robusto ca un canguro; un ualuro (portmanteau de ualabí e canguro; en inglés wallaroo, de wallaby+kangaroo) é un exemplar dalgunhas poucas especies, que segundo o seu tamaño se atopan entre os ualabís e os canguros. Algúns ualabís moi pequenos que viven nos bosques reciben os nomes de pademelons (xénero Thylogale) e dorcopsises (xéneros Dorcopsis e Dorcopsulus). O termo ualabí é unha palabra tomada da tribo Eora, que habitaba orixinalmente a rexión de Sydney. As crías dos ualabís reciben tamén o nome de joeys en inglés, coma no caso doutras especies de marsupiais.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Ualabí | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macropus rufogriseus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A distribución das poboacións de ualabís abrangue unha extensa parte do territorio australiano, especialmente en zonas remotas, de bosques mestos e terreos accidentados; e en menor medida nas chairas semi-áridas, que son máis apropiadas para os canguros; máis grandes, delgados e con pés máis veloces.
Os ualabís non conforman un grupo biolóxico claramente diferenciado. Porén, clasifícanse en varias categorías moi amplas. Os típicos ualabís do xénero Macropus; coma o ualabí áxil (Macropus agilis) e o ualabí de pescozo vermello (Macropus rufrogriseus) están máis emparentados cos canguros e wallaroos, e o seu tamaño é semellante ao destes últimos. O ualabí áxil e o ualabí de pescozo vermello son as especies que se ven con maior frecuencia, especialmente nos estados do sur de Australia.
O ualabí de rocha (xénero Petrogale), do mesmo xeito que as cabras do hemisferio norte, están especialmente adaptados para vivir en terreos escarpados e rochosos, ademais están provistos con pés modificados, deseñados para adherirse ás rochas producíndose unha fricción da pel; mentres que outras especies de canguros e ualabís empregan as súas poutas para escarvar na terra. Hai, polo menos, quince especies de ualabís de rocha, e o parentesco que existe entre algunhas destas especies aínda é algo descoñecido e do que se ten pouca información. Varias destas especies están en perigo de extinción. Algúns programas de cría dos ualabís de rocha en catividade, coma do Santuario de Healesville, tiveron un pouco de éxito e un número pequeno destes animais foi ceibado recentemente na natureza.
O ualabí lebre raiado (Lagostrophus fasciatus) considérase coma a última especie sobrevivente do que noutro momento foi a numerosa subfamilia dos Sthenuriae. O ualabí lebre raiado foi unha especie común en todo o sur de Australia, mais hoxe en día só viven en dúas illas moi afastadas da costa oeste de Australia, nas que non existen depredadores introducidos polos europeos.
En Nova Guinea, que formou parte do continente australiano ata unha etapa recente na historia da xeoloxía, viven polo menos cinco especies de ualabís.
Os ualabís foron introducidos polo home en Nova Zelandia, onde son considerados unha praga. Un programa para reintroducilos en Australia tivo pouco éxito.
Ademais diso, existe unha colonia de ualabís asilvestrados en Hawai, nas rexións altas de Kalihi Valley, na illa de Oahu. Esta colonia procede dun grupo de ualabí de cola pincelada (Petrogale penicillata) que se escaparon dun zoo en 1916.
Tense intentado o establecemento de colonias de cría de ualabís noutras partes do mundo, mais só unha deu resultado. As principais poboacións foron as da illa de Inchconnachan en Loch Lomond, Escocia; e o Peak District de Inglaterra. A colonia de Peak District asentouse arredor de 1940 por cinco exemplares que escaparan dun zoo local; dita colonia existiu ata 1993. No cumio do seu esplendor reprodutivo, o grupo chegou a contar cuns 50 ualabís. A colonia de Loch Lomond foi creada intencionadamente en 1975, e malia non estar controlada, acadou unha poboación de 28 exemplares. Ás veces prodúcense escapes ocasionais cando se conxela o lago Loch Lomond. Outras colonias de cría que resultaron ser viables foron; unha preto de Teignmouth, Devon; outra en Ashdown Forest, East Sussex, e outra na illa de Bute and Lundy.
Á parte, existe unha pequena colonia na illa de Lambay, na costa leste de Irlanda; que foi introducida polo Zoo de Dublín despois dunha explosión de poboación a mediados dos anos 80.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.