![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/64/2017.06.24.15.02.14-Italian_anthem-0002_%252834706564004%2529.jpg/640px-2017.06.24.15.02.14-Italian_anthem-0002_%252834706564004%2529.jpg&w=640&q=50)
Selección de rugby de Italia
selección de rugby a 15 de Italia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de rugby de Italia representa a Italia intenacionalmente no deporte do rugby. O equipo, tamén coñecido coma os Azzurri (os Azuis), leva xogando ao rugby dende finais dos anos 20 do século XX, e hoxe en día está considerado como un dos equipos punteiros do rugby europeo. Italia compite anualmente no torneo das Seis Nacións con Escocia, Francia, Gales, Inglaterra e Irlanda.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b8/Italian_kickoff.jpg/640px-Italian_kickoff.jpg)
Italia | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Alcume(s) | Azzurri | ||
Unión | Federazione Italiana Rugby | ||
Adestrador | Conor O'Shea | ||
Capitán | Sergio Parisse | ||
Mais caps | Sergio Parisse (134) | ||
Máximo anotador | Diego Domínguez (983) | ||
Máis ensaios | Marcello Cuttitta (25) | ||
Estadio | Stadio Olimpico (70 634) | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 12 (2 de decembro de 2019) | ||
Máximo | 8 (2007) | ||
Mínimo | 15 (2015 e 2017) | ||
Estrea internacional | |||
España ![]() ![]() Barcelona, España; 20 de maio de 1929 | |||
Maior vitoria | |||
Italia ![]() ![]() Viadana, Italia; 18 de maio de 1994 | |||
Maior derrota | |||
Suráfrica ![]() ![]() Durban, Suráfrica; 19 de xuño de 1999 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 8 (primeira en 1987) | ||
Mellor resultado | Fase de grupos (1987, 1991, 1995, 1999, 2003, 2007, 2011, 2015 e 2019) |
Posibelmente o rugby italiano acadase a súa meirande transcendencia internacional cando, no ano 2000, Italia pasou a formar parte do torneo das Cinco Nacions, creando o que hoxe se coñece como o RBS 6 Nations. Orixinariamente os italianos só sufrían humillantes derrotas neste torneo mais, pouco a pouco, as tornas foron cambiando e os Azzurri chegaron a quedar cuartos en 2007, e aínda nas derrotas non son tan amplas coma nos primeiros anos, non obstante hoxe ocupan a duodécima posición na listaxe mundial[1].
Italia tamén competiu en tódolos mundiais que tiveron lugar até a data de hoxe dende a súa primeira edición en 1987, aínda que nunca conseguiron pasar a primeira rolda. A súa mellor actuación foi nos mundiais de 2003 e de 2007, onde conseguiron dúas vitorias na fase de grupos.
O seu adestrador actual é o francés Jacques Brunel.