Federación Española de Rugby
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Federación Española de Rugby é o ente reitor do rugby en España, con sede en Madrid. As súas funcións son organizar as diversas competicións nacionais de liga e copa, tanto masculinas como femininas, nas modalidades de rugby a 15 e rugby a 7, e artellar ás seleccións nacionais.
Trala fundación dos primeiros clubs de rugby en Cataluña a comezos da década dos anos 20, foi creada a Federación Catalá de Rugby. De seguido ocorreu o mesmo en Castela, e xurdiu a necesidade de fundar unha federación a nivel nacional para organizar un Campionato de España entre os diversos campións rexionais. Deste xeito, a "FER" naceu o 1 de agosto de 1923. En 1934 integrouse na FIRA, e en 1988 entrou na IRB.
Dende 2014 está presidida por Alfonso Feijoo García, que foi reelixido en 2016 e 2020.