From Wikipedia, the free encyclopedia
Satyendra Nath Bose (en bengalí: সত্যেন্দ্রনাথ বসু, Satyendranāth Basu) , nado en Calcuta o 1 de xaneiro de 1894 e finado na mesma cidade o 4 de febreiro de 1974, foi un físico indio especializado en física matemática. É coñecido polo seu traballo en mecánica cuántica nos anos 1920, provendo as bases para a estatística de Bose-Einstein e a teoría do condensado de Bose-Einstein. O bosón (unha das partículas elementais) é chamado así na súa honra. Foi premiado co segundo recoñecemento civil máis alto da India, o Padma Vibhushan, en 1954.
Nome orixinal | (bn) সত্যেন্দ্রনাথ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1894 Calcuta, India |
Morte | 4 de febreiro de 1974 (80 anos) Calcuta, India |
Residencia | India |
Relixión | Hinduísmo |
Educación | University College of Science, Technology & Agriculture (en) (1917–1921) Presidency University (en) (1909–1915) Hindu School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física matemática |
Ocupación | físico, político, matemático, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Calcuta (1947–1956) Universidade de Daca (pt) (1921–1947) |
Membro de | |
Profesores | Jagadish Chandra Bose (pt) |
Alumnos | Asima Chatterjee |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables | |
Doutorando | Purnima Sinha (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Ushabati Bose |
Fillos | Shri Rathindranath Bose |
Pais | Surendranath Bose e Amodini Devi |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бозе Шатьендранат) Obálky knih, Physicists: Biographical Dictionary (en) , (p.37) |
Foi o maior de sete irmáns. Seu pai, Surendranath Bose, traballou no Departamento de Enxeñaría dos Ferrocarrís do Leste da India.
Bose asistiu á escola secundaria hindú en Calcuta e logo á Facultade da Presidencia, tamén en Calcuta, obtendo sempre as máis altas cualificacións. De 1916 a 1921 foi profesor no departamento de física da Universidade de Calcuta. En 1921 pasou a formar parte do departamento de física da nova Universidade de Dacca (agora chamada Universidade de Dhaka), novamente como profesor, até 1945. Logo volveu a Calcuta e deu clases na Universidade de Calcuta até 1956, data na que se retirou da docencia e foi nomeado profesor emérito.
O seu maior logro científico obtívoo cando lle enviou un manuscrito a Albert Einstein para que este o revisase e traducise. Einstein quedou marabillado co traballo e recomendouno para a súa publicación. O manuscrito foi a semente do que despois se coñeceu como o condensado de Bose-Einstein.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Satyendra Nath Bose |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.