![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/17/Vistas_do_Santuario_da_Virxe_da_Barca%252C_Mux%25C3%25ADa%252C_Galiza.jpg/640px-Vistas_do_Santuario_da_Virxe_da_Barca%252C_Mux%25C3%25ADa%252C_Galiza.jpg&w=640&q=50)
Santuario da Virxe da Barca
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Santuario da Virxe da Barca é un templo católico situado no concello de Muxía. A súa situación na punta da península onde se asenta Muxía, fronte do mar, os ritos relixiosos asociados ao mesmo e a súa arquitectura e imaxinería fan del un dos máis singulares de Galicia. O primeiro domingo despois do 8 de setembro celébrase a romaría da Nosa Señora da Barca, declarada Festa de interese turístico nacional de España.
Datos rápidos Datos xerais, País ...
Santuario da Virxe da Barca | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Santuario |
Advocación | Nosa Señora da Barca |
Localización | Muxía |
Coordenadas | 43°06′43″N 9°13′10″O |
Culto | |
Culto | Católico latino |
Diocese | Arquidiocese de Santiago de Compostela |
Estilo | arquitectura barroca |
Páxina web | http://www.concellomuxia.com/ca/web/index.php?mod=int&tip=3&lug=4 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
O día de Nadal de 2013 foi destruído por un incendio causado por un raio.[1] En 2015 rematou a restauración.[2][3]