Romaría
festa popular con peregrinación relixiosa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A palabra romaría[1] ou romaxe[2] vén de romeiro, os peregrinos con rumbo a Roma.
Trátase nas súas orixes dunha celebración católica que consiste nunha viaxe ou peregrinación a un santuario ou ermida, ben estea consagrada a unha Virxe ou un santo patrón do lugar, situada normalmente nunha paraxe campestre ou de montaña. Por extensión, na actualidade, o termo romaría emprégase decote co valor simplificado de festa.