![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a6/Flag_of_Rome.svg/langgl-640px-Flag_of_Rome.svg.png&w=640&q=50)
Roma
comuna italiana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Roma[1] (AFI: /ˈroma/, pronuncia (axuda · info)) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018)[2], capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.[3] Tamén é o municipio europeo coa maior área de zonas verdes. A cidade ten un sistema administrativo especial, chamado Roma Capitale, rexido por unha lei estatal.[4]
Alcume | la città eterna, Вечный город, Wieczne Miasto, Věčné město, Ciudad Eterna e večno mesto ![]() | ||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Estado | Italia | ||||||||||||||||||||||
Rexión | Lazio | ||||||||||||||||||||||
Cidades metropolitanas | Cidade metropolitana de Roma Capital ![]() | ||||||||||||||||||||||
Capital de | |||||||||||||||||||||||
Contén a división administrativa | Municipio I (en) ![]() Municipio II (en) ![]() Municipio III (en) ![]() Municipio IV (en) ![]() Municipio IX (en) ![]() Municipio V (en) ![]() Municipio VI (en) ![]() Municipio VII (en) ![]() Municipio VIII (en) ![]() Municipio X (en) ![]() Municipio XI (en) ![]() Municipio XII (en) ![]() Municipio XIII (en) ![]() Municipio XIV (en) ![]() Municipio XV (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||||
Poboación | 2.748.109 (2023) ![]() | ||||||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua italiana ![]() | ||||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||||
Superficie | 1.287,36 km² ![]() | ||||||||||||||||||||||
Bañado por | Río Tíber, Rio Aniene (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||
Altitude | 21 m ![]() | ||||||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | Anguillara Sabazia (pt) ![]() Campagnano di Roma (pt) ![]() Castel San Pietro Romano (pt) ![]() Albano Laziale Trevignano Romano (pt) ![]() Zagarolo (pt) ![]() Sacrofano (pt) ![]() Frascati Marino (pt) ![]() Tívoli Gallicano nel Lazio Riano (pt) ![]() Palestrina (pt) ![]() Guidonia Montecelio (pt) ![]() Pomezia (pt) ![]() Monterotondo (pt) ![]() Colonna (pt) ![]() Fiumicino (pt) ![]() Ciampino (pt) ![]() Ardea (pt) ![]() Castel Gandolfo (pt) ![]() Poli (pt) ![]() Fonte Nuova (pt) ![]() Grottaferrata (pt) ![]() Monte Compatri (pt) ![]() Formello (pt) ![]() Monte Porzio Catone (pt) ![]() Mentana (pt) ![]() San Gregorio da Sassola (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||||
Fundador | Rómulo (pt) ![]() ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||
Creación | 21 de abril de 814 a. C. ↔ 21 de abril de 747 a. C. ![]() | ||||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||||
Día festivo | |||||||||||||||||||||||
Santo padrón | Pedro e Paulo de Tarso ![]() | ||||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||||
• Alcalde ![]() | Roberto Gualtieri (2021–) ![]() | ||||||||||||||||||||||
Órgano lexislativo | Rome City Council (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||||||
Código postal | 00118–00199 ![]() | ||||||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||||||
Prefixo telefónico | 06 ![]() | ||||||||||||||||||||||
Identificador ISTAT | 058091 ![]() | ||||||||||||||||||||||
Código catastral italiano | H501 ![]() | ||||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||||
Irmandado con | Cidade de México Contrada della Lupa (en) ![]() Seúl Benevento Plovdiv Brasilia Washington, D.C. Pequín Sevilla Achacachi Municipality (en) ![]() Cincinnati Douala Marbella Xohanesburgo París (1956–) Toquio (1996–) Kíiv (1999–) Cracovia (2009–) ![]() | ||||||||||||||||||||||
Páxina web | comune.roma.it ![]() | ||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Fundada segundo a tradición o 21 de abril de 753 a. C. (aínda que escavacións recentes no sitio arqueolóxico de Lapis Níger datan a súa fundación dous séculos antes[5][6]) durante os seus tres milenios de historia foi a primeira metrópole da humanidade,[7] sendo o corazón dunha das civilizacións antigas máis importantes, que influíron na sociedade, cultura, lingua, literatura, arte, arquitectura, filosofía, relixión, dereito e costumes dos séculos seguintes.
É a cidade coa máis alta concentración de bens históricos e arquitectónicos do mundo;[8] o seu centro histórico delimitado polo perímetro que marcan as murallas aurelianas, superposición de pegadas de tres milenios, é a máxima expresión do patrimonio histórico, artístico e cultural do mundo occidental.[9] En 1980, xunto ás propiedades extraterritoriais da Santa Sé que se atopan na cidade e a basílica de San Paulo Extramuros, foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco.[10][11]
Roma é unha das cidades con maior importancia na historia mundial, sendo un dos símbolos da civilización europea e centro espiritual do catolicismo, cidade santa do catolicismo e destino de peregrinación (vías romeas) e tamén a única cidade do mundo que ten no seu interior unha entidade estatal autónoma: o enclave da Cidade do Vaticano, que se atopa baixo o poder temporal do papa.[12] Por tal motivo coñecéuselle tamén como a capital de dous Estados.[13][14]
Por antonomasia, coñécese desde a antigüidade como a Urbs, Caput mundi (en galego, "cidade, cabeza do mundo") e tamén é chamada "A Cidade Eterna" (en italiano: Città Eterna).