![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b4/A_Ferida_escultura_en_Mux%25C3%25ADa_01.jpg/640px-A_Ferida_escultura_en_Mux%25C3%25ADa_01.jpg&w=640&q=50)
A Ferida
escultura de Alberto Bañuelos-Fournier en Muxía como homenaxe aos voluntarios do Prestige / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Ferida é unha escultura situada no concello de Muxía fronte ao océano Atlántico, nun outeiro ao carón do santuario da Virxe da Barca. O seu autor é o artista burgalés Alberto Bañuelos-Fournier. A obra foi doada por Seguros Aegon ao concello muxián como homenaxe aos voluntarios que acudiron a axudar ao pobo galego cando se produciu o desastre do Prestige o 13 de novembro de 2002.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Datos rápidos Presentación, Localización ...
A Ferida | |
---|---|
![]() A Ferida | |
Presentación | |
Localización | Muxía |
Tipo | Escultura |
Construción | |
Data da construción | 2003 |
Equipo | |
Escultor | Alberto Bañuelos-Fournier |
Pechar
Cos seus máis de once metros de altura e 400 toneladas de peso, estas dúas estruturas de granito do Porriño constitúen a escultura máis grande de Galicia e de España.
Inaugurouse o 12 de setembro de 2003.