From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago Grisolía García, nado en Valencia o 6 de xaneiro de 1923 e finado na mesma cidade o 4 de agosto de 2022,[1][2] foi un bioquímico valenciano.[3] Foi nomeado Marqués de Grisolía en 2014.[4]
Santiago Grisolía comezou a carreira de Medicina na Universidade de Madrid[5] pero marchou á Universidade de Valencia onde se licenciou en 1944[6] con matrícula de honra[7] e, posteriormente, obrivo o doutoramento na Universidade de Madrid. En xaneiro de 1946 conseguira unha bolsa de ampliación de estudos para os Estados Unidos e marchou ao Departamento de Bioquímica e Farmacoloxía na Universidade de Nova York, que estaba baixo a dirección de Severo Ochoa de quen foi un dos seus discípulos.[6] Nesta universidade, comezou as súas investigacións sobre a fixación do dióxido de carbono, un tema que nunca abandonou.[3]
Publicou máis de catrocentos traballos científicos e unha trintena de artigos divulgativos. Tamén desenvolveu un enorme labor docente e investigador ao longo de moitos anos en moitos países europeos e americanos. Foi profesor de bioquímica e bioloxía na Universidade de Chicago (1946), Wisconsin (1948) e profesor adxunto do departamento de Medicina e Bioquímica na de Kansas (1954) do que chegou a ser director[5] e, despois, catedrático[8] e ampliou as súas investigacións sobre o ciclo da urea (mecanismo polo cal os mamíferos eliminan un produto da degradación das proteínas que é tóxico para eles) e demostrou que a citrulina é un intermediario neste ciclo.
En 1977, retornou a España para dirixi-lo Instituto de Investigacións Citolóxicas de Valencia.[6] En 1979, foi elixido académico da Real Academia de Farmacia de Madrid e, en 1980, secretario da Fundación Valenciana de Estudos Avanzados.[5]
En 1988, participou na organización en Valencia da primeira Conferencia Internacional para o Proxecto sobre o Xenoma Humano[9] e, ese mesmo ano,.foi designado Presidente do Comité de Coordinación Científica do Proxecto Xenoma Humano para a UNESCO,[6][8] foi vicepresidente do Padroado da Fundación Valenciana de Investigación Biomédica e, en 1995, asesor do presidente da Generalitat Valenciana para a Ciencia e a Tecnoloxía. Presidiu o Consello da Cultura Valenciana dende 1996 ata a súa morte,[6] e os consellos consultivos da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Valencia e dos Museos Científicos de Cuenca e Valencia.[3][10]
Foi o promotor e impulsor dos premios de investigación Jaume I, da Generalitat valenciá.[9][7]
Morreu o 4 de agosto de 2022, por mor das complicacións ocasionadas pola Covid-19.[9]
Até xaneiro de 2001, tiña publicadas máis de 480 publicacións científicas, 8 libros e máis de 100 artigos de divulgación xeral.[11]
Ten pulbicado máis de 400 traballos científicos[9] e aquí destácase unha pequena escolma:
En 1990 recibiu, xunto con Salvador Moncada, o Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica[7] "polo seu traballo científico na área da Bioquímica en campos moi diversos, principalmente na enzimoloxía do metabolismo do nitróxeno relacionado co ciclo da urea e a degradación das pirimidinas".[3]
No ano 2000,recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito na Investigación e na Educación Universitaria.[12]
Foi membro da Academia Europea de Ciencias e Artes, presidente do Consello Valenciano da Cultura, académico de honra da Real Academia de Doutores de España, membro fundador do Colexio Libre de Eméritos e Doutor Honoris Causa polas Universidades de Salamanca, Barcelona, Valencia,[8] Madrid, León, País Vasco, Siena, Florencia, Kansas,[8] As Palmas de Gran Canaria, Universidade Politécnica de Valencia, Universidade de Lisboa, Universidade Nacional de Educación a Distancia e Universidade de Castela-A Mancha.[13]
En 2014, foi nomeado por Xoán Carlos I, marqués de Grisolía polo seu "prolongado e encomiable labor investigador e docente", e pola súa "contribución ao coñecemento científico".[6]
En marzo de 2018 recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.
Estivo casado con Frances Thompson, profesora asistente da facultade de Medicina de Madison, a quen coñeceu alñi durante a súa estancia en 1945, e co que permaneceu casado até a morte dela en setembro de 2017.[9][14] Tiveron dous fillos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.