Real Academia Nacional de Farmacia
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Real Academia Nacional de Farmacia (RANF) de España ten a súa orixe en 1737, ano no que nunha real cédula de Filipe V aprobou os estatutos do "Real Colegio de Profesores Boticarios" de Madrid.
Institución científica | |
---|---|
Emblema e medalla da Real Academia de Farmacia, co lema da Institución: Medicamenta non mella. | |
Fundación | 1737 |
Presidencia de Honor do Padroado | Filipe VI de España |
Presidente honorífico | Julio Rodríguez Villanueva |
Presidente | Mariano Esteban Rodríguez |
Vicepresidente | Juan Ramón Lacadena Calero |
Presidentes de Seccións |
|
Membros | 50 (Véxase o texto) |
www.ranf.com |
Con data 6 de xaneiro de 1932, o Goberno aceptou o cambio de denominación do Real Colegio de Farmacéuticos polo de Academia Nacional de Farmacia. Esta transformación logrouse despois de 343 anos de vida ininterrompida ao servizo da ciencia, e non alterou, substancialmente, o seu réxime organizativo.
O 15 de xuño de 1936 refíxose a estrutura da Academia, nomeando académicos delegados e intensificándose as súas colaboracións co estranxeiro. Así mesmo, ampliouse o seu campo de acción ao dar entrada no seu seo a doutores en ciencias afíns á Farmacia.
O 9 de agosto de 1946 a Real Academia de Farmacia incorporose ao Instituto de España, conservando o espírito da súa fundación: cultivo e adiantamento da farmacia, química, botánica e historia natural. Así se sinalaba no seu novo Estatuto, de 7 de febreiro de 1947: «a investigación e estudo das Ciencias Farmacéuticas e as súas afíns, o fomento do seu cultivo e o asesoramento, cando eles o soliciten, aos organismos oficiais».
Unha vez rematadas as obras de reforma e adaptación do antigo edificio do Real Colexio e posterior Facultade de Farmacia, situado na madrileña rúa de la Farmacia, trasladouse ao mesmo a Real Academia, inaugurándose solemnemente a súa sede actual o 25 de outubro de 1967.
Nos estatutos de 1989 e no seu regulamento de réxime interior de 1990 normalizouse e ampliouse o número de académicos, quedando constituída por 50 académicos numerarios, dos que 38 serían farmacéuticos, e 12 de ciencias afíns. Os académicos correspondentes —nacionais e estranxeiros— serían 173, deles 22 delegados en provincias e 24 en nacións de América e Europa. Creouse, igualmente, a categoría de académicos supernumerarios.
A Real Academia Nacional de Farmacia denomínase, desde 2002, Real Academia Nacional de Farmacia. O seu lema, medicamenta non mella ("os medicamentos non son mel"), é unha frase atribuída a Plinio o vello.
O edificio da Real Academia Nacional de Farmacia, situado na denominada antigamente rúa de San Juan e, desde 1835, rúa de la Farmacia, foi deseñado polo arquitecto Pedro de Zengotita Vengoa en 1830. De estilo neoclásico, posteriormente se lle engadiu o frontón triangular sobre a cornixa central e a segunda porta de acceso. En 1997 foi declarado Monumento Ben de Interese Cultural.[1][2]
Desde 1994 o edificio alberga tamé o "Museo de la Real Academia Nacional de Farmacia", cuxa existencia data do século XIX. Así mesmo, neste inmoble encóntrase a Biblioteca da institución académica.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.