Plinio o Vello
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Caio Plinio Segundo (en latín: Gaius Plinius Secundus), coñecido como Plinio o Vello, naceu en Como no ano 23 e morreu na actual Catellmare de Stabia no ano 79, vítima da súa curiosidade científica ao ir observar a erupción do volcán Vesuvio, que sepultou as cidades de Pompeia e Herculano.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Plinio.
Remove ads
Traxectoria
Tras estudar en Roma, comezou a súa carreira militar na Xermania, durante doce anos, onde chegou a ser comandante da cabalaría das lexións romanas. No ano 57 volveu a Roma nos tempos do emperador Nerón, para dedicarse ao estudo e ás letras. Desempeñou diversos cargos nos tempos do emperador Vespasiano, que o nomeou entre outros como Almirante. Escribiu diversos tratados de cabalaría, unha Historia de Roma e varias crónicas históricas, hoxe perdidas. Só se conserva a súa Naturalis Historia, rematada no ano 77, e que abrangue 37 libros, dedicados ao emperador Tito. Constitúe un auténtico tratado enciclopédico da Antigüidade, xa que escribiu sobre Cosmoloxía e Astronomía (1 libro), Xeografía e Historia (4 libros), Zooloxía (5), Botánica e Agricultura (8), Medicina (13), Xeoloxía, Mineraloxía, Metalurxia e Arte (5)[1].
No libro Historia Natural mestura un gran número de relatos e feitos útiles con conceptos fantásticos e contos de viaxeiros. Foi un dos textos máis lidos até a Idade Media, cunha grande influencia no bestiario desas épocas.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads