Sancha I de Galicia
Raíña de Galiza / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sancha I de Galicia, nada en 1018 e finada en León o 7 de novembro de 1067, foi unha nobre medieval galega, raíña de Galicia desde o ano 1037.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (gl) Sancha Afonsez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1018 |
Morte | 7 de novembro de 1067 (48/49 anos) León |
Lugar de sepultura | Basílica de Santo Isidoro de León |
Raíña de León | |
1037 – 1065 Xunto con: Fernando I de León | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de León Reino de Galicia |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | raíña rexente |
Enaltecemento | |
Outro | |
Título | Raíña de Galicia |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Cónxuxe | Fernando I de León (1033 (Gregoriano)–) |
Fillos | Urraca de Zamora, Afonso VI de León, Elvira de Toro, Sancho III, García II de Galicia |
Pais | Afonso V o Nobre e Elvira Méndez |
Irmáns | Vermudo III e Xemena de León e de Galiza |
Pechar
Filla do rei de Galicia Afonso V[1] e da súa esposa, a raíña Elvira Méndez, foi infanta e raíña de toda a Galicia altomedieval,[2] converténdose o seu marido, o conde de Castela Fernando I,[3] en rei consorte pero con poder efectivo á morte de Vermudo III,[4] irmán da raíña Sancha, que perdeu a vida na batalla de Tamarón.