Musharrif al-Dīn ibn Muṣlih al-Dīn,[1] coñecido como Sa'dī,[2][3] tamén escrito Saadi (en persa سعدی), nado en Xiraz pouco despois de 1200 e finado na mesma cidade entre 1290 e 1294,[4] é un dos principais poetas persas do período medieval, recoñecido non só pola calidade da súa escritura, senón pola profundidade da súa sensibilidade social.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Infotaula de personaSaadi Shirazi
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fa) سعدی شیرازی Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1210 Editar o valor en Wikidata
Xiraz (Império Corásmio) Editar o valor en Wikidata
Morte9 de decembro de 1292 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Xiraz Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSaadi Mausoleum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónSunnismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónAl-Nizamiyya of Baghdad (en) Traducir (1195–1226) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, literatura e poesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoGhazal Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioسعدی Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua persa e Lingua árabe Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1053588 Musicbrainz: 6603e7c6-feb3-4cca-8019-de11548d0e85 Editar o valor en Wikidata
Pechar
Thumb
Abdullah Sa'di
Thumb
Tumba de Saadi dende o ceo (2014)

Traxectoria

Nativo de Xiraz (Persia), Saadi abandonou a súa cidade natal a temperán idade para estudar literatura árabe e ciencias islámicas en Bagdad, entre 1195 e 1226.

As condicións de inestabilidade que seguiron á invasión mongol levárono a viaxar por Anatolia, Siria, Exipto e Iraq. Tamén refire na súa obra viaxes a India e Asia central. A experiencia de Saadi é similar á de Marco Polo, quen estivo pola rexión entre 1271 e 1294. Hai non obstante unha diferenza entre ambos: mentres que Marco Polo se relacionou especialmente cos poderosos e a "boa vida", Saadi conviviu coa xente ordinaria, sobreviventes do holocausto mongol. Reuniuse a altas horas da noite intercambiando ideas con mercadores, granxeiros, relixiosos, camiñantes, ladróns e mendigos sufís. Durante vinte anos ou máis, continuou a mesma rutina de sermóns, advertencias, aprendizaxe, perfeccionando a súa dialéctica e puíndola en xemas que iluminasen a sabiduría e as debilidades do seu pobo.

Cando reapareceu na súa nativa Xiraz era xa un home vello. A cidade, baixo o goberno de Atabak Abubakr Sa'd ibn Zangy (1231-60) gozaba dun período de relativa tranquilidade. Saadi non só foi benvido, senón que logrou o respecto do gobernante e foi designado entre os grandes da provincia. En resposta, Saadi tomou o seu nome literario do gobernante, Sa'd ibn Zangi, e compuxo algúns dos máis fermosos panexíricos como xesto inicial de gratitude en favor da casa gobernante e situounos ao inicio do seu Bostan. Crese que pasou o resto da súa vida en Xiraz.

Obra

As súas obras máis coñecidas son Bostan (O xardín das froitas) (1257), e Gulistan (O xardín das rosas) (1258). Bostan está escrito completamente en verso, de rima épica e consiste en historias que ilustran apropiadamente as virtudes recomendadas aos musulmáns (xustiza, liberalidade, modestia, satisfacción) así como reflexións sobre a conduta dos derviches e as súas prácticas extáticas.

Gulistan está maioritariamente escrito en prosa e contén historias e anécdotas persoais. O texto está intercalado cunha variedade de poemas curtos que inclúen aforismos, advertencias e reflexións humorísticas. Saadi demostrou unha fonda conciencia sobre o absurdo da existencia humana, ao falar, por exemplo, do destino daqueles que dependían do humor cambiante dos reis en contraste coa liberdade dos derviches.

Para os estudantes occidentais tanto Bostan como Gulistan implican unha atracción especial, mais Saadi é lembrado tamén como un gran creador de panexíricos e obras líricas, autor de odas mestras que retratan a experiencia humana, e tamén por odas singulares lamentando a caída de Bagdad despois da invasión mogol de 1258. A súa produción lírica atópase en Ghazaliyat ("Lírica") e as súas odas en Qasa'id ("Odas"). Tamén produciu un número de escritos en árabe.

A mestura peculiar de cortesía e cinismo, humor e resignación que amosa a obra de Saadi, xunto a unha tendencia a evitar os dilemas difíciles, convérteo para moitos nuns dos escritores máis encantadores da cultura iraniano.

Unha das súas citas máis célebre é "facer ás présas vira en refugallo". Outro poema atópase na entrada do edificio das Nacións Unidas en Nova York, cun chamado a romper todas as barreiras.[5]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.