Río Ussuri
río de Asia Oriental, da conca do Amur / From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Ussuri,[1] en ruso река Уссури; en chinés simplificado 乌苏里江; en chinés tradicional 烏蘇里江; en pinyin Wūsūlǐ Jiāng, é un longo río do nordeste de Asia, afluente pola marxe dereita do Amur no seu curso baixo.
Datos rápidos País, Nacemento ...
Río Ussuri | |
---|---|
O río Ussuri cerca de Górnye Klyuchí | |
País | China Rusia |
Nacemento | Cordilleira de Sikhote-Alin |
Lonxitude | 897 km |
Conca | 193 000 km² |
Caudal medio | 1 150 m³/s |
Desembocadura | Río Amur |
Pechar
Ten unha lonxitude de 897 km, un caudal medio de 1 150 m³/s e drena unha conca de 193 000 km² (superficie similar á de países como Senegal, Siria ou Camboxa).
Administrativamente, discorre polos krais de Khabárovsk e Primorie da Federación de Rusia e forma durante un longo treito a fronteira coa provincia chinesa de Heilongjiang.